Anuncios

Negociación para a aplicación de cláusulas sociais pola Lei de Contratación do Sector Público. EU Narón

EU Narón retirou o més pasado a Moción para a aplicación de cláusulas sociais pola Lei de Contratación do Sector Público baixo o compromiso do Goberno Local de sentarse conxuntamente a negociar e traballar nese sentido. 
 
O Concelleiro de EU Narón André Abeledo entende que é importante convencer e debatir se traballar na redacción dunha Moción para  a aplicación de cláusulas sociais a hora de contratar as empresas. Nese sentido André Abeledo e o responsable de Organización de EU Narón Roberto Villasuso reuniranse para levar a pleno unha proposta negociada, debatida e traballada.
Abeledo insite que dende EU Narón entendemos necesario:

 

Que a valoración das ofertas non atenda única e exclusivamente á oferta económica máis vantaxosa senón que se valore a mellor oferta no seu conxunto introducindo, sempre que o permita a súa natureza e obxecto, cláusulas que teñan en conta criterios sociais, ambientais e éticos.

Establecer/definir o convenio colectivo sectorial de aplicación laboral de cada licitación.

A.    Pedir informes previos a adxudicación dun contrato.

B.     Establecer e reflexar sancións/penalidades nos pregos para os incumprimentos de convenio, chegando á resolución do contrato nos casos.

C.    Cumprimento de convenio como condición.

D.    Definir en cada prego outras condicións de tipo social e medioambiental para valorar e puntuar (promover o emprego de persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral, en particular das persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social a través de Empresas de Inserción; eliminar as desigualdades entre o home e a muller en dito mercado, favorecendo a aplicación de medidas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes no traballo; favorecer a maior participación da muller no mercado laboral e a conciliación do traballo e a vida familiar; combater o paro, en particular o xuvenil, o que afecta ás mulleres e o de larga duración; favorecer a formación no lugar de traballo; garantir a seguridade e a protección da saúde no lugar de traballo e medidas para prever a sinistralidade laboral).

1. CLÁUSULAS DE EMPREGO SOCIAL E DE CALIDADE. 1.1.O cumprimento pola adxudicataria das condicións laborais legais ou convencionalmente pactadas de referencia, incluídas as de subrogación (Convenio Colectivo de aplicación, debendo, no seu caso, xustificarse nas ofertas das/os licitadoras/es a aplicación doutro distinto). 1.2.  Sempre que a natureza e o obxecto do contrato o permitan, incluiranse nos pregos, como criterios de valoración das ofertas e como condicións esenciais de execución do contrato, as seguintes: a) O compromiso de contratación de emprego neto asociado especificamente á prestación do contrato, que permita minorar a fenda de xénero existente: Contratación indefinida e a xornada completa, contratación de persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral (diversidades de xénero, funcionais e/ou sensoriais, persoas migradas e outros grupos poboacionais de colectivos minorizados), contratación de mozos,… b) O compromiso de mantemento ou, no seu caso, mellora das condicións fixadas no Convenio Colectivo durante toda a vixencia do contrato. c) O compromiso de contratación de persoas discapacitadas.

2. CLÁUSULAS DE IGUALDADE DE HOMES E MULLERES: O cumprimento pola adxudicataria da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A tal efecto, deberá garantir: – A igualdade entre mulleres e homes no trato, a igualdade nas oportunidades de acceso ao emprego no acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción, permanencia, formación, extinción, retribucións, calidade e estabilidade laboral, duración e ordenación da xornada laboral, así como de adopción de medidas para previr o acoso sexual e do acoso por razón de sexo no traballo. – Medidas de favorecemento da conciliación e corresponsabilidade da vida persoal, familiar e laboral das persoas adscritas á execución do contrato. – A utilización dunha linguaxe inclusiva e non sexista, prohibíndose na documentación e material asociado á prestación contractual calquera imaxe denigrante, minusvalorativa ou discriminatoria das mulleres.

3. CLÁUSULAS AMBIENTAIS: Cando a natureza e o obxecto do contrato o permitan, nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas incluiranse as seguintes especificacións técnicas que fagan referencia a características ambientais. – Esixirase aos licitadores a aplicación de medidas de xestión ambiental, como o cumprimento de normas de xestión ambiental, para executar os contratos que requiren de medidas de protección ou prevención ambiental durante a súa execución. 

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios
About el comunista (61597 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: