Anuncios

EU Narón presenta unha Moción para que se derogue o delito de inxurias a Corona e para reafirmar o compromiso cos valores republicanos e a democracia

André Abeledo indica que non pode ser que o Código Penal ofreza máis protección a Casa real que a calquera outra institución ou cidadán do Estado. O delito de inxurias a Corona (artigos 490.3 e 491) son contrarios aos ordenamentos do Tribunal Europeo de dereitos Humanos.

Abeledo ademais entende que resulta xa del todo inaprazábel materializar unha reivindicación democrática básica como é a realización dun referéndum sobre Monarquía e República.

Os noso fillos non son gando para ser herdanza de ninguén, as institución herdadas do medievo e impostas no Estado español por un ditador deben ser superadas para construír un Estado que sexa a casa de todas e todos.

MOCIÓN PARA QUE SE DEROGUE O DELITO DE INXURIAS A CORONA E PARA REAFIRMAR O COMPROMISO COS VALORES REPUBLICANOS E A DEMOCRACIA 

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo ditou en marzo de 2018 unha sentenza pola que condena a España a devolver a multa que, a cambio de non ingresar en prisión, pagaron dúas persoas condenadas por queimar fai 11 anos unha foto do Rei durante a Diada. A xustiza europea considera que esa actuación foi “unha expresión simbólica da crítica política” e que os tribunais españois, a Audiencia Nacional e o Tribunal Constitucional, vulneraron o artigo 10 da Convención Europea de Dereitos Humanos relativo a  liberdade de expresión.

O Código Penal ofrece máis protección a Casa Real que calquera outra institución ou cidadán do Estado, a través do delito de inxurias a Corona (artígos 490.3 y 491). Polo contrario, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) ten unha xurisprudencia moi clara e sólida, en virtude da cal os ordenamentos non poden outorgar unha protección especial e cualificada aos seus cargos e institucións máis importantes senón máis ben ao contrario, han de permitir un maior grado de crítica. Isto xustificase porque se trata de institucións públicas que deben encontrarse suxeitas ao cuestionamento e escrutinio cidadán no marco dunha democracia.

Esta postura del TEDH vese reafirmada polo Consello de Europa e polo Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, para quen a liberdade de expresión é “a pedra angular de todas as sociedades libres e democráticas” engadindo, ademais -nunha Observación específica sobre este tema en 2011- a “gran importancia” que outorga o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos a “a expresión sen inhibicións no debate público sobre figuras do ámbito público e político nunha sociedade democrática”. É por elo, din literalmente dende Nacións Unidas, que “tódalas figuras públicas, incluso as que exercen os cargos políticos de maior importancia, como os Xefes de Estado ou de Goberno, poden ser obxeto lexitimo de críticas er oposición política”.

Recentemente o Parlament de Catalunya aprobou unha resolución para reprobar o comportamento do Rei polo seu discurso tras o 1 de outubro de 2017, onde alentou a confrontación e a tensión e, envolvéndose nunha Constitución que xa non representa a toda a sociedade, púxose na primeira liña do bloque reaccionario. Unha irresponsable actitude que estivo acompañada dun tono bronco e indesexable. A esta reprobación uniuse a do Concello de Barcelona.

Ante o acordo do Parlament, o Consello de Ministros acordou pedir ao Consello de Estado que emitirá con urxencia o seu ditame preceptivo para impugnalo ante o Tribunal Constitucional, pois o Goberno consideraba «politicamente inaceptable» a proposición aprobada. A pesar de que el Consello de Estado ten recomendado non acudir ao Tribunal Constitucional, declarando que o Parlament é libre de facer xuízos políticos, o Goberno o desoíu e anunciou o pasado 26 de outubro que interpoñerá un recurso contra o Parlament.

Hai que recordar que no acordo presupostario entre Unidos Podemos e o Goberno inclúese a modificación dos artigos do Código Penal que regulan os delitos de ofensa aos sentimentos relixiosos e inxurias a Corona, así como recentemente ten sido aprobada a trámite no Congreso unha lei de protección da liberdade de expresión, impulsada por Esquerda Unida, que recolle precisamente este acordo.

Por outra banda os membros do Partido Popular, PSOE e Ciudadanos na Mesa do Congreso teñen denegado nas últimas semanas que nin sequera se debata nesta Cámara a aprobación dunha Comisión de investigación sobre os presuntos delitos que teña podido cometer o rei emérito, D. Juan Carlos de Borbón.

A raíz das gravacións de Corinna Zu Sayn-Wittgenstein, dadas a coñecer por diversos medios de comunicación, hai indicios máis que suficientes para iniciar esta investigación ao monarca emérito. Despois dunha primeira denegación da Mesa do Congreso onde alegábase que a inviolabilidade do Xefe do Estado impedía esta investigación -algo que non compartimos, pois a inviolabilidade en todo caso haberíase de circunscribir a actos de natureza política referendados polo Goberno-, o pasado martes 23 de outubro denegouse unha segunda petición. Nela solicitábase investigar a D. Juan Carlos de Borbón dende a súa abdicación en 2014, cando formalmente deixou de ser inviolable para estar unicamente aforado.

Por último, creemos que resulta xa del todo inaprazable materializar unha reivindicación democrática básica neste país como é a realización dun referéndum sobre Monarquía e República.

ACORDOS

PRIMEIRO: Instar ao Goberno do Estado a derogar o delito de inxurias ao Rei e a Casa real dos artigos 490.3 e 491 do Código Penal, igualando a protección penal do honor desta figura a do resto de cidadáns.

SEGUNDO: Rexeitar e condenar o posicionamento do Rei Felipe VI e a súa intervención no conflito catalán, así como a súa xustificación da violencia por parte dos corpos policiais o 1 de outubro.

TERCEIRO: Reafirmar o compromiso cos valores republicanos e apostar pola abolición dunha institución caduca e antidemocrática como a monarquía.

CUARTO: Instar ao Goberno e ao Congreso dos Deputados a que se permita investigar en sede parlamentaria as accións realizadas por D. Juan Carlos de Borbón dende o ano 2014, momento en que deixa de ser inviolable xuridicamente, e sobre quen recaen indicios suficientes de delito.

QUINTO: Instar ao Goberno a convocar un referéndum dacordo a Constitución para que os cidadáns poidamos decidir entre Monarquía e República.

SEXTO: Comunicar este acordo a tódolos Grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados.

En Narón a 19/11/2018

Anuncios
About el comunista (61504 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: