EU esixe a Xunta de Galicia que os seus Orzamentos miren máis por Narón

Entendemos que o Goberno da Xunta de Galicia fai política partidista castigando aos Concellos onde non goberna o PP.

Entendemos que o PP castiga a Narón nos Orzamentos da Xunta de Galicia, e debemos esixir unha maior inversión na oitava cidade de Galiza.

Os Orzamentos están para atender as necesidades das galegas e galegos e non para facer política partidista.  

Por este motivo dende EU Narón instamos no Pleno de Novembro xunto co Equipo de Goberno a Xunta de Galicia a incluír no seu proxecto de Orzamentos para o ano 2019 os seguintes investimentos.

·        Un centro integral de atención ás persoas maiores.

·        Un plan de inversións en melloras nos centros de ensino públicos de Narón.

·        Un Centro Integrado de Formación Profesional no que se impartan as familias profesionais que non se están a ofertar en outros centros da Comarca.

·        Renovación das beirarrúas da Estrada de Cedeira (AC-566), dando solución aos problemas de paso e accesibilidade en diversos puntos do treito que abrangue o primeiro quilometro desa entrada por ambas beiras.

Entendemos que estes investimentos son necesarios, exixibles, e xustos, que favorecen a toda a veciñanza. O PP en Narón ten que deixar de facer política partidista e actuar como unha simple franquicia do PP a nivel nacional, non se pode dar as costas a veciñanza cada vez que o Goberno da Xunta de Galicia non asume as súas responsabilidades coa veciñanza.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

About el comunista (68072 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: