Anuncios

Abeledo vai a propoñer unha serie de medidas en materia de vivenda e alugueiro para Narón relacionadas coa aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro.

André Abeledo recorda que no Estado español hai 3,5 millóns de vivendas valeiras, segundo o último censo de poboacións e vivendas dispoñible, realizado en 2011.

En EU Narón temos claro que hai que garantir a función social da vivenda. No seu momento propuxemos o recargo do IBI, as vivendas desocupadas en Narón, pero atopámonos con problemas legais pola ausencia dunha definición clara sobre o que é unha vivenda desocupada.

Pero agora despois da publicación no BOE do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugueiro, que entre outras cousas fai unha reforma da Lei de Facendas Locais regulando o recargo previsto para os inmobles de uso residencial desocupados con carácter permanente, mediante a súa remisión a correspondente normativa sectorial da vivenda, autonómica ou estatal, con rango de lei, ao obxecto de que poida ser aplicado polos concellos mediante a aprobación da correspondente ordenanza fiscal.

Abeledo entende que xa non hai escusas, os Concellos poden a partir de agora adoptar unha serie de importantes medidas, e dende EU Narón imos propoñer que ditas medidas se leven adiante mediante unha Moción.  

1.- Elaborar un censo de vivendas desocupadas de acordo aos criterios establecidos no Real Decreto e instar a Xunta de Galicia a desenrolar o concepto de vivenda valeira.

2.- Modificar a ordenanza fiscal para establecer un recargo do 50% no IBI daquelas vivendas que se atopen desocupadas.

3.- Ademais tamén inclúense a posibilidade directa de modificar a ordenanza fiscal para establecer un 95% de bonificación daquelas vivendas destinadas ao aluguer con renda limitada.

Abeledo recoñece que este Decreto chega tarde, cando a maioría dos municipios xa temos aprobado as nosas Ordenanzas Fiscais. Aínda así abre un campo de posibilidades para traballar dende o ámbito municipal para que no haxa casas sen xente, ni xente sen casas.

Enlace ao BOE: http://iunida.org/boevivienda

Datos de vivendas valeiras por provincias segundo o Instituto Nacional de Estadística:http://iunida.org/ineviviendasvacias

 

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios
About el comunista (52683 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: