Anuncios

A Cónsul de Cuba Yahima Martínez visitará Narón en visita oficial

O próximo Venres 11 de Decembro as 11:30 a nova Cónsul de Cuba na Galiza, Yahima Martínez visitará Narón en visita oficial.

André Abeledo invitou a Cónsul de Cuba en Galiza Yahima Martínez a visitar Narón oficialmente, e continuar co traballo de estreitar os lazos culturais e as relacións económicas entre Cuba e Narón.

Abeledo transmitiu a nova Cónsul Xeral de Cuba, Yahima Martínez Millán, en Galiza, Asturias e Cantabria, o seu apoio na esixencia do levantamento do brutal e ilegal bloqueo a Cuba.

Dende EU Narón condenamos o bloqueo criminal de EEUU contra Cuba e exiximos o seu inmediato levantamento.

Unha vez máis a razón de Cuba venceu na ONU, unha vez máis Cuba venceu ao imperialismo, unha vez máis todos os países do mundo agás EEUU e Israel dixeron non ao ilegal bloqueo.

André Abeledo, Voceiro de EU Narón remarcou que o Pleno do noso consistorio xa aprobou dúas mocións presentadas por EU en apoio ao pobo cubano e contra o criminal e ilegal bloqueo que sufre Cuba, ditas Mocións serán entregadas por Abeledo a Cónsul durante a visita ao noso Concello.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios
About el comunista (58539 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: