Anuncios

Abeledo di que NARÓN POR DIANTE é xa unha realidade ilusiónante de cara as eleccións municipais deste ano

André Abeledo, concelleiro e voceiro de EU Narón, e candidato a Alcaldía por NARÓN POR DIANTE de cara as eleccións municipais de 2019, indica que este espazo de confluencia da esquerda naronesa vai a conformar unha candidatura sólida e ilusiónante capaz de ser a ferramenta para que Narón de un xiro a esquerda.

NARÓN POR DIANTE é a garantía de que en Narón non vai a gobernar a dereita, é o espazo necesario para conformar unha maioría de esquerda capaz de construír un Narón para todas e todos, mais humano, mais social, mais solidario, porque quérenmos que Narón vaia a máis.

NARÓN POR DIANTE é unha gran oportunidade, é o éxito da unidade baseada nun programa e nuns ideais, e a demostración de que é posible que a esquerda camiñe xunta.

Abeledo insiste en facer un chamamento a toda a esquerda Naronesa a participar, a colaborar, a traballar xunto con nós. Son tempos de unidade e xenerosidade para traballar por Narón.

Con NARÓN POR DIANTE ademais do candidato a Alcaldía André Abeledo, Concelleiro e Voceiro de EU NARÓN e Delegado de Persoal da CIG en MERCADONA a nivel Provincial participan compañeiras e compañeiros da esquerda no sentido máis amplo.

Compañeiras e compañeiros da esquerda naronesa, traballadoras e traballadores, sindicalistas, militantes activos na loita por construír unha sociedade que teña como cimentos a xustiza social, a transparencia e a participación da veciñanza.

O 3 de Febreiro serán escollidos os 10 primeiros postos da candidatura de NARÓN POR DIANTE, unha candidatura de esquerdas, de unidade, ilusiónante e capaz de Gobernar para mellorar a vida da maioría, da veciñanza, das traballadoras e traballadores que fan grande a nosa cidade.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios
About el comunista (18934 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: