Nota de prensa sobre POLIGAL. EU NARÓN

Mañá as 12:00h.  estaremos na porta do Concello de Narón acompañando a concentración d@s compañeir@s de POLIGAL.

 

Acudirá Yolanda Díaz (Parlamentaria de En Marea) e André Abeledo (Concelleiro EU Narón e Candidato á Alcaldía de Narón por Diante)

Masacre industrial en Narón

Dende Esquerda Unida Narón non entendemos como a Dirección de Poligal escúdase en perdas acumuladas importantes, e crecentes en 2017 e 2018, para xustificar a tramitación do concurso de acreedores con proposta de liquidación da empresa. Como empresa e ante a deriva que datan de 2012, non pode ser que o ano pasado (Xuño 2018) mostren a satisfacción da mellora en canto a:

  • Aumento de producción.
  • Novas acreditacións de calidade.
  • Dicindo que “é a planta máis versátil con solución de envasado flexibles máis ampla de Poligal”.

E anuncien “escenarios de inversión para mellorar a productividade e eficiencia”, pois ben é certo que as liñas de producción necesitan de inversión para competir cando teñen unha plantilla sobradamente cualificada, as certificacións o demostran, e unhas liñas de 28 e 23 anos respectivamente. Liñas para as que en certas reparacións xa non teñen pezas no mercado pola súa antigüidade.

Ditas inversións xa veñen sido reclamadas polo plantel durante anos, de feito no último ERE sufrido polo plantel de Poligal lograron acordar inversións na factoría de Narón. E baixo sentenza no próximo mes poder o plantel podería esixir a execución de sentenza ou o sancionamento da empresa cada día de incumplimento, ainda que o plantel o que quere é dignidade un plan de investimento para poder desenrolar o seu traballo e ser productivos á altura de outras plantas.

De feito, á vez que na planta de Narón non invirte dende que chega esta Dirección, do Grupo Perelada, os ingresos do Grupo os invirte en plantas de Portugal e Polonia. Invertindo na planta de Polonia aberta dende o ano pasado 40M€.

Non se lle escapa a ninguén que o patriotismo dos grandes empresarios pasa por esquilmar e explotar aos seus semellantes sexan de donde sexan.

GRUPO MUNICIPAL EU NARÓN.

About el comunista (67287 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: