Anuncios

NARÓN POR DIANTE condena a agresión a un militante de Causa Galiza en Ferrol o pasado 7 de Marzo

Dende NARÓN POR DIANTE condenamos a agresión que o pasado Xoves día 7 de marzo sufría un militante de Causa Galiza, foi brutalmente agredido en Ferrol. Sufriu fracturas e fisuras que o levaron ao hospital.
Consideramos intolerable a covarde agresión sufrida polo compañeiro a mans dun grupo formado por entre oito e dez individuos.
Unha agresión salvaxe e covarde que non debe quedar impune.
André Abeledo indicou que dende NARÓN POR DIANTE apoiamos ao compañeiro agredido.
Tamén denunciamos este tipo de violencia política, normalmente de ultradereita, que comeza desgraciadamente a repuntar nas nosas cidades.
Abeledo entende que este tipo de violencia é froito das mensaxes de odio que chegan dende a ultradereita, «a ultradereita está a utilizar todolos medios que teñen ao seu alcance para sementar odio».
NARÓN POR DIANTE
Anuncios
About el comunista (65822 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: