Anuncios

NARÓN POR DIANTE visitou as instalacións da Asociación COMETA

André Abeledo explica que o fixemos para coñecer de primeira man a súa realidade e as súas necesidades.

O benestar animal estivo presente no noso traballo no concello, e entendemos que o respeto aos animais é maior nas sociedades máis avanzadas a nivel social.

Aplaudimos a labor de COMETA, aos seus socios, pois grazas a eles é posible o financiamento, e sobre todo a entrega altruísta dos seus voluntarios para có benestar animal, pois sen eles sería imposible sacar adiante este importante traballo.

O trato recibido polos cans recollidos en COMETA é excepcional, esta cheo de amor, de dedicación, e de entrega, persoas marabillosas fan entrega do seu tempo libre para coidalos.

Durante a visita constatamos ata que punto o esforzo é grande, os gastos veterinarios son moi elevados, os amaños, a alimentacións, as medicinas, sen dubida este tipo de iniciativas precisan de mais axudas dende as distintas administracións.

Abeledo tamén preguntou se tiñan solicitado punto de luz, posto que nesa zona non hai ningún, o punto foi solicitado pero a contestación foi que debería ser costeado integramente pola asociación COMETA. André Abeledo entende que 5 postes de luz son realmente inasumibles para COMETA, pero o Concello ten as ferramentas para facelo posible, e debería tamén ter a sensibilidade.

NARÓN POR DIANTE reuniuse tamén fai uns días coas representantes da asociación COMETA nunha reunión de traballo para escoitar e discutir propostas para que Narón avance na protección animal.

Lembramos que André Abeledo foi moi activo nestes catro anos levando mocións e propostas ao Concello para que a protección e o respeto aos animais avancen na nosa cidade.

Narón declarouse “Cidade Libre de Circos con Animais”, prohibiu os carruseis de ponis, aprobou a posta en marcha de colonias felinas ou C.E.S (Captura, esterilización e solta), grazas a Mocións e propostas defendidas polo candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, André Abeledo.

Da conversación coas compañeiras de COMETA aprendemos moito, e dende NARÓN POR DIANTE comprometemos a visitar este martes día 19 de marzo as instalacións de COMETA.

Maila que Narón é un Concello dos máis extensos territorialmente de Galiza, sen embargo os espazos verdes para poder desfrutar cos nosos amigos peludos escasean e os poucos existentes non teñen nin características axeitadas nin mantemento suficiente como para satisfacer a necesidades dos cidadáns que adquiren o compromiso de ter un animal como un membro máis da familia.

Primeiramente podemos observar que os parques caninos son considerablemente pequenos para a maioría de cans de tamaño grande. O que provoca que o ambiente neles sexa inseguro tanto para os donos como para os animais. Os cans son animais que aman o espazo e se este é reducido poden estresarse con facilidade e amosar actitudes agresivas cara outros cans que queiran entrar no parque, xa que consideran que o territorio e seu.

Por outra banda os peches son débiles e en moitos lugares están deteriorados. A altura tampouco é suficiente para que cans de envergadura mediana ou grande non poidan saltar con facilidade.

Un aspecto fundamental destes espazos é a estigmatización das razas, nomeadamente os PPP ( can potencialmente perigoso). Neste momento os PPP non poden acceder aos parques, por lei autonómica, impedíndolle socializar con outros cans o que ven sendo un aspecto vital para calquera can. Non debe descoidarse a seguridade pero non se debería estigmatizar a un animal Pola raza.

solución sería aumentar os espazos de lecer canino, tanto en número como en tamaño, con elo conqueriríase habilitar lugares de recreo, socialización e desfrute para que os animais estean relaxados sen ver o seu territorio ameazado, un censo canino no noso Concello axudaría a saber cales son as necesidades e onde.

As perdas e fuxidas de mascotas reduciríanse pois non sentirían a necesidade de estar ceibes e ,por suposto, solventaríase a necesidade de ter lugares onde levar aos nosos cans sen sentirnos criminalizados por ter un familiar de catro gadoupas.

Teríamos con elo un concello pioneiro nesta materia de protección e convivenza animal.

Outro tema que se adoita tratar e o xeito de integrar na vida social cotiá as persoas que deciden adquirir o compromiso de inxerir un animal na familia. Cada día son máis as persoas que optan pola adopción dun animal, mais na vida cotiá enfróntanse a estigmatización , exclusión ou illamento social.

Certo é que debe esixirse un mellor control do cumprimento das obrigas que un cidadán responsable ten por ser dono dun animal, por exemplo , son fundamentais o control de recollida de excrementos e a posta do microchip pero tamén é preciso inculcar na sociedade o respecto por esas persoas que decidiron coidar dun animal.

Para favorecer esta convivenza , poderíanse establecer horarios ou permisos.

No tócante aos adóptantes de animais observamos varias problemáticas a abordar urxentemente.

A obriga de ter aos cans identificados mediante o chip aínda é unha asignatura pendente en moitos fogares. O chip é a única medida eficaz para evitar o abandono e maltrato, xa que cando non o ten non se recoñece a propiedades e ,polo tanto, dificulta ou imposibilita a denuncia.

Ademais en caso de perda facilita atopar a familia do canciño extraviado. Sería preciso crear campañas de “Posta de microchip” a prezos reducidos ou convenios do Concello con veterinarios.

Outra lacra, normalizada, é de manter aos cans atados con cadeas en fincas, patios á intemperie e incluso pechados en balcóns. Esta costume ademais dunha crueldade é unha ilegalidade recollida na Ordenanza de Benestar Animal aprobada a principios de ano.

Maila a lei, na práctica non existe un sistema de control municipal nin intención de crealo. Acontecen situacións de maltrato, animais encadeados tódolos días, meses, anos…ata morrer de soidade e debilidade. Pero para unha asociación ou particular non se pode denunciar porque se esixen probas feacentes. Como vai se posible probar que un animal está 24 horas atado ou as 8 que permite a lei?.

Por elo se esixe o cumprimento da lei con medidas de control municipal.

É fundamental a colaboración e cooperación directa entre Asociacións como COMETA e a policía local, para frear os casos de abandono e maltrato que existen no noso Concello.

Outro grande problema no noso concello é a poboación de colonias felinas na rúa, para os cales ata o momento non se tomou ningunha medida respectuosa e de calidade, a pesar de que as Ordenanzas inclúen a proposta de EU Narón de poñer en marcha as colonias felinas.

Neste caso, a asociación COMETA leva anos desenvolvendo o proxecto C.E.S (Captura, esterilización e solta) nalgunhas colonias de Narón, como a de Freixeiro, a cal a día de hoxe está controlada nun 80% aproximadamente.

Segundo a nova Ordenanza de Benestar Animal, é o Concello o responsable de tal control, pero ata agora o Goberno de Narón non tomou as medidas as que se comprometeu.

Por outra banda, as persoas que alimentan actualmente as colonias, preocupándose do estado de saúde e da alimentación destes gatos, e poñendo do seu peto os cartos para coidalos do mellor xeito posible atópanse que son criminalizados ou considerados tolos, por tentar protexer a animais en situación de risco de atropelo, enfermidade, ataques, fame…

Dende COMETA entenden que debería levarse a cabo unha colaboración entre Concello e estes benfeitores para que as colonias nas rúas tiveran atencións dignas e hixiénicas, habilitando espazos controlados onde situar casetas, utensilios para alimentación e, por suposto, levando a cabo esterilizacións para evitar a superpoboación.

Nun territorio tan senlleiramente rural a tenenza de cabalos é moi popular, sen embargo en moitos casos non se teñen nas condicións axeitadas, permanecendo atados en descampados sufrindo altas temperaturas en verán sen sombra e as inclemencias do inverno sen sequera un sitio onde acubillarse. Dende o Concello deberían tomarse medidas de control nestes casos obrigando aos propietarios a ter un espazo habilitado de cobixo con auga.

 Abeledo transmitiulles que dende NARÓN POR DIANTE tomamos nota, e o máis importante facemos nosas as súas demandas para integralas no noso programa para construír un Narón máis humano, e tamén mais respetuoso cós animais.

NARÓN POR DIANTE

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios
About el comunista (52735 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: