Anuncios

André Abeledo reunirase có comité de CLECE, empresa que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón. Para abordar a situación das traballadoras e traballadores e os incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa

Abeledo ao fronte do Equipo de Traballo de NARÓN POR DIANTE reunirase o próximo martes día 26 de Marzo co Comité de Empresa de CLECE, Alex Bello responsable comarcal de CCOO participará tamén na reunión.

O candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, André Abeledo rexistrou unha Moción para o Pleno deste mes de Marzo apoiando as reivindicacións do plantel da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón.

Na Moción tamén pide ao Concello executar a resolución do contrato tal e como marca a Lei de Contratos do Sector Público no caso de incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor durante a execución do contrato. E que o Concello de Narón se dote dun órgano de seguimento das condicións sociolaborais das traballadoras e traballadores que executan traballos para o Concello.

Texto da Moción:

 Os representantes das traballadoras denunciaron en inspección de traballo o incumprimento do convenio colectivo por parte da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón.

Segundo consta na denuncia empresa non esta a cumprir coas condicións que establécense no contrato a hora de dar este servizo.

Nós entendemos que o máximo responsable de fiscalizar o bo funcionamento do servizo e de controlar os incumprimentos das empresas contratadas, sobre todo cando falamos dun servizo tan vital como é a axuda a domicilio, é o contratante do servizo, o (Concello de Narón).

Atopámonos con que o aumento das horas para axuda a domicilio non supuxo como contemplan os pliegos a dignificación deste traballo, referímonos a converter tempos parciais en totais para conseguir que estas coidadoras poidan ter un salario digno.

Ademais moitas das persoas coidadas tamén sofren cos continuos cambios de coidadora, os pliegos contemplan que por un mesmo domicilio non pasen mais de catro coidadoras, e atopámonos con casos onde chegan a pasar ata vinte, algo que para aquelas persoas con as súas facultades mentais mermadas é moi prexudicial.

Os representantes das traballadoras e traballadores denuncian entre moitos outros incumprimentos que CLECE non elabora como esixe  o convenio un calendario laboral con carácter anual.

Denuncian que a empresa modifica de maneira unilateral a xornada de traballo.

Denuncian que o 100% das contratacións a tempo parcial son xornadas partidas.

Denuncian a empresa incumpre a hora de cubrir as bacantes.

Denuncian que CLECE non considera tempo de traballo efectivo utilizado polas traballadoras e traballadores para  ir a recoller as luvas, ou cubrir os moitos formularios a que a empresa obriga.

Denuncian tamén que algúns traballadores e traballadoras sofren unha carga de traballo excesiva.

Lembremos que falamos de cumprir coa legalidade. Lei 9/2017, de 8 de Novembro, de Contratos do sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE, de 26 de febreiro de 2014.

Artigo 211 Causas de resolución

i)                   O impago, durante a execución do contrato, dos salarios por parte do contratista aos traballadores que estiveran participando na mesma, ou o incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor para estes traballadores tamén durante a execución do contrato.

Ante esta denuncia non podemos máis que esixir que sexan atendidas as xustas reivindicacións das traballadoras.

 ACORDOS 

1.     Amosar o apoio as reivindicacións do plantel da empresa CLECE.

 2.     Executar a resolución de contrato tal e como marca a Lei de Contratos do Sector Público no caso de incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor durante a execución do contrato.

3.     Dotar ao Concello dun órgano de seguimento das condicións sociolaborais das traballadoras e traballadores que executan traballos para o Concello.

NARÓN POR DIANTE

48386403_780014835665145_6006344487364722688_n

Anuncios
About el comunista (62012 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: