Anuncios

André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, xunto co seu equipo de traballo reuniuse coa Asociación de veciños Altea

Os representantes da AAVV transmitíronnos a necesidade dunha nova piscina municipal, posto que a da Gándara quedase pequena, as listas de espera para unha praza na piscina son interminables e as veciñas e veciños vense obrigados de buscar praza noutros concellos.
Tamén insistiron na necesaria de mellorar o transporte público para permitir unha verdadeira mobilidade.
Insistiron na súa demanda de abrir a Rúa Dr.Fleming.
Entenden que urxe que o concello busque unha alternativa de uso para o antigo cuartel.
Necesidades importantes como mellorar a accesibilidade, que os semáforos teñan son para os invidentes. Adaptar os bordos das beirarrúas e marquesinas que son demasiado altas.
A necesidade no concello dun centro de maiores.
Avisan da necesidade de traballar seriamente para a erradicación de plantas invasoras no paseo de Xuvia como a Herba da Pampa ( plumón) , acacia, margarida do Cabo…algo sobre o que André Abeledo xa insistiu, tomar medidas antes de que os problemas non teñan solución.
NARÓN POR DIANTE  
Anuncios
About el comunista (24067 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: