Anuncios

NARÓN POR DIANTE, o espazo liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro de SON EN COMUN. (ANOVA, ESQUERDA UNIDA, PODEMOS)

NARÓN POR DIANTE, o espazo de unidade da esquerda naronesa, liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro do espazo de unidade da esquerda que é SON EN COMUN.

Un espazo de unidade creado por ANOVA, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS para ser a ferramenta capaz de parar a dereita na Galiza e construír alternativa dende a esquerda.

André Abeledo, o candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTER valora como “moi bo” o resultado de En Común Unidas Podemos, coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo en Narón.

Somos a terceira forza en empate técnico cun PP en caída libre.

Os 4.020 votos conseguidos, un 18,57% de porcentaxe de voto, demostran que o próximo 26 de Maio NARÓN POR DIANTE vai ter a oportunidade histórica de dar a veciñanza a posibilidade dun cambio real, o famoso “sorpasso” é posible en Narón de mans de NARÓN POR DIANTE.

Abeledo amosase orgulloso de liderar unha gran candidatura con capacidade para gobernar. Unha candidatura que conta con xente de esquerdas cunha traxectoria impecable, limpa, e un gran espírito de servizo a veciñanza é capaz de axuntarse para traballar por Narón.

Contamos cun equipo de traballo cunha gran capacidade e cunha traxectoria política ou sindical contrastada, axuntamos mocidade e veteranía, traballadoras e traballadores, veciñas e veciños de Narón dispostos a traballar con honestidade polo noso Concello.

André Abeledo amósase convencido de que NARÓN POR DIANTE é a garantía de que a dereita non vai a gobernar en Narón. Nin con paracaidistas nin sen eles. Imos cerrar o paso a dereita en Narón cunha candidatura de garantías para as naronesas e naroneses.

Abeledo indica que NARÓN POR DIANTE é o mellor antídoto contra a dereita para a nosa cidade, un espazo de esquerdas amplo, onde organizacións e persoas a nivel individual con unha traxectoria política limpa e transparente axúntanse para presentar unha candidatura forte, que rema nunha mesma dirección, vai ser unha candidatura capaz de gobernar para que NARÓN avance e mude para mellor.

Estamos convencidas e convencidos de que NARÓN POR DIANTE SON EN COMUN será a gran sorpresa nas eleccións municipais grazas a ilusión e a confianza da veciñanza.

NARÓN POR DIANTE 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios
About el comunista (52449 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: