Anuncios

André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz na inauguración do Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE

André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz na inauguración do Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE.
André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz, o alcalde de Ferrol Jorge Suarez, membros da candidatura de NARÓN POR DIANTE, e tamén doutras candidaturas, así como de veciñas e veciños de Narón.
Foi Una noite entre compañeir@s.  Dende NARÓN POR DIANTE queremos agradecer a asistencia e azos a Ferrol en Común , a Yolanda Díaz , a Son de Ares e a veciñanza que nos arroupou neste acto.
André Abeledo indicou que NARÓN POR DIANTE é un espazo amplo onde a esquerda naronesa pode verse e sentirse representada.
Abeledo clarexou que os máis de 4000 votantes de UNIDAS PODEMOS nas eleccións xerais poderán repetir o seu voto nas eleccións municipais votando a NARÓN POR DIANTE – SON EN COMÚN.
Tamén todos aqueles votantes do PSOE que queren un goberno de esquerdas no Estado español, poden utilizar o voto útil, votando desta vez a NARÓN POR DIANTE. Un voto realmente útil que vai servir como mensaxe claro ao PSOE, de que si incumpren o seu compromiso coa cidadanía o pagarán política e electoralmente nas Municipais e nas autonómicas.
Abeledo remarcou que NARÓN POR DIANTE é un espazo soberano, un proxecto propio de Narón, ao servizo das naronesas e naroneses.  Pero é moito máis porque formamos parte de SON EN COMÚN e imos ter voz tanto no Estado español, como na Xunta de Galicia, ou na Deputación.
Por iso NARÓN POR DIANTE – SON EN COMÚN é a garantía de que en Narón imos ter un goberno de cambio e progreso capaz de facer que Narón avance. .
Somos unha organización que vai ABRINDO AS PORTAS a un futuro mellor para Narón.
👉Estamos na Rúa Vigo ,número 20 , diante da Praza da Gándara, esta é a vosa casa, tedes as portas abertas.
#AbrindoAsPortasAoFuturo #AbrindoAsPortasAIlusion
NARÓN POR DIANTE
IMG-20190510-WA0041
Anuncios
About el comunista (52777 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: