Anuncios

Programa Electoral NARÓN POR DIANTE

LIMIAR. UN CONCELLO PARA A VECIÑANZA

POLÍTICA DO COMÚN. PARA GOBERNAR DÍA A DÍA

Facemos unha aposta pola proximidade e a defensa do común. Daqueles elementos que configuran a vida cotiá do noso concello, entendendo que as politicas públicas deben ser accesibles a toda a veciñanza mediante criterios obxectivos e sen lugar para amiguismos e redes clientelares.

Unha politica de proximidade, de rúa que practique a escoita activa e que artelle mecanismos de participación e de emponderamento cidadá. Queremos que o concello sexa teu , do conxunto da veciñanza , sen lugar para o caciquismo , para o inmobilismos de governos de demasiados anos no poder, sen exclusión para ninguén, queremos abrir as portas.

As portas do traballo, da transparenza na xestión municipal, do pazo do concello que é do pobo, do futuro cara unha cidade eficaz e eficiente, xusta socialmente, sostible medioambeltalmente, accesible para todos e todas , abrir as portas a equidade entre homes e mulleres, entre as opcións sexuais das persoas …queremos abrir as portas a un concello onde as persoas poidan desenvolver todo o seu potencial e non teñan que marchar.

ADMINISTRACIÓN ACCESIBLE E COMPROMETIDA COA MELLORA DE CALIDADE DE VIDA E IGUALDADE.

A administración local é a máis próxima mais non sempre a máis accesible para o conxunto da veciñanza. Entendemos que como partido de esquerdas temos que que defender os intereses de todas as capas sociais , sobre todo as máis desfavorecidas , por elo precisamos simplificar a xestión burocrática e os trámites que un cidadán teña que levar a cabo coa administración e introducir mecanismos e dispositivos que permitan a todas as veciñas e veciños poidan acceder a instalacións , recursos e servizos municipais.

É fundamental ter presente un compromiso integral coa igualdade , para mellorar a a calidade de vida da xente , especialmente daqueles sectores máis castigados pola crise , en materia non só de servizos sociais, tamén de vivenda cun concello libre de desafiuzamentos e cun banco de aluguer de vivenda social, con facilidades de acceso aos servizos públicos cara a remunicipalización , coa creación de comedores sociais e senior , axudas a escolarización , ao transporte…que ninguén por razón económica, de sexo, etnia ou diversidade non poda levar unha vida digna e medrar o seu potencial.

Un compromiso que recolle o legado de séculos de loita feminista , que despois da folga global do 8M ,que hai dous anos que ven parando o mundo, sementou verdade fronte ao discurso do odio e a exclusión que alimenta hoxe a utradereita do PP , Ciudadanos e Vox e aqueles que pretenden pactar con eles, “ nin un paso atrás , cos nosos dereitos non se negocia “ .
Debemos crear políticas de igualdade cara a equidade, que non sexan meramente maquillaxe propagandístico tomando o feminismo como unha moda e dun xeito electoralista. Non debemos limitarnos as areas de igualdade, o feminicidio é un xenocidio de xénero que debe de concienciar a sociedade contra o terrorismo machista, a muller e as súas problemáticas teñen entididade suficiente como para contar cunha concellería propia que traballe de xeito transeversal coas demáis e con toda veciñanza e entidades.

Nin unha menos, nin unha máis.

PENSAR O CONCELLO COA XENTE

A participación vai ser un elemento fundamental da nosa acción de goberno. No noso lema xa o deixamos claro “ Abrindo as portas”, calquer veciño , asociación , clube deportivo…terá abertas as portas do pazo do concello que é a casa de todas e todos, a participación será completamente libre e practicaremos a escoita activa. A acción de goberno ten que ser para a xente e pensada pola xente.

Asumimos un compromiso real coa posta en marcha do mecanismo de dación de contas, de recollida de demandas e de activación de procesos de participación cidadá.

O mellor xeito de goberno efectivo e eficaz é a escoita, recollendo de primeira man as demandas veciñais que son as verdadeiras necesidades do día a día lonxe de imposicións administrativas e políticas, e poñendo ao servizo da veciñanza recursos e dispositivos para que calquer cidadán poida opinar e decidir sobre a vida cotiá do seu concello e da sociedad na que elixa vivir.

Estos recursos e dispositivos, por suposto, teñen que ser accesibles a todos e todas.

COOPERACIÓN CON OUTROS CONCELLOS DA COMARCA.

A nosa comarca comparte lindes entre concellos moi próximos con xeitos de vida moi semellantes, compartimos agro, costa, zoas de marisqueo, zoas industriais, servizos , mancomunidade e administracións públicas. Polo tanto a colaboración e levar a cabo proxectos conxuntos é de sentido común e unha necesidade para medrar xuntos e polo ben social e económico das nosas veciñanzas.

Nun momento no que as administracións cada vez teñen menos recursos artellar mecanismos de colaboración é positivo tamén neste eido, somos conscientes polas diversas xuntanzas tidas coas entidades e veciños que unha necesidade para Narón serían outras dúas piscinas e complexos deportivos que poderían ser un proxecto común, un co concello de Valdoviño e outro co concello de Neda , por por un exemplo.
Temos tamén un problema endémico na comarca de transporte e comunicación , é precisa a unión de todos os concellos afectados para ter un tren digno e non un que leva un século sen ser actualizado , con andén seguros e con liña de bus que una os andéns cos barrios.

Malía que pensamos que as Deputacións deben ser abolidas xa que estamos diante dunha institución herdada do franquismo , con importantes eivas democráticas neste intre son unha caixa de recursos económicos fundamental. Neste sentido os gobernos municipalistas deben cooperar para rematar coa privatización partidaria de estas institucións , tendo presente criterios de reparto equitativos e obxectibables cara o desenvolvemento equitativo dos territorios.

COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES

Precisamos colaboracións con outras administracións aínda que sexan doutro signo político para mellorar a calidade de vida da xente e mellorara os servizos da nosa cidade.
Estamos a asistir a intres no que o bipartidismo ( PP, PSOE) e os seus partidos satélite (Ciudadanos, Vox)son incapaces de cooperara entre eles, a nós que somos de esquerda non nos sorprende porque entendemos que as súas prioridades non son as mesmas que as nosas, mentres eles só buscan unha colocación laboral e medre económico persoal , nos queremos gobernar con e para a xente.

As institucións publicas son de todos e todas, son lugares de paso que non se poden converter no espazo privatizado de ningunha organizació partidaria, nós somos traballadores, vimos a política a servir non a facer profesión. No noso concello é obvio a necesidade dun cambio que abra as portas para ventilar, vimos coas forzas que o sillón quitou a outros.

1. O CONCELLO

Chegamos á política non para facer profesión, sen ánimo de lucro e con vocación de servidores do público. Cremos nunha xestión trasparente e sen corruptelas baixo a fiscalización da labor política por parte da veciñanza.
Cremos nun pazo municipal con aprovechamento eficaz de recursos económicos , limitación do gasto e residuos cero.

Accións

Control do patrimonio dos cargos públicos durante o exercicio das súas obrigas. Publicación no Portal de Transparenza do patrimonio de concelleiros/as e alcalde con actualizacións periódicas.

Xornal de cargo público en consonancia coa actividade desenvolvida.

Supresión dos complementos por exercicio de cargo público.

Control de absentismo de cargo público e sancións por deixación de funcións. Rendizón de contas da acción política.

Marco estricto de incompatibilidades durante o exercicio do cargo público. Medidas contra o transfuguismo. Revogalidade de cargo público.

Auditoria externa da debeda pública do concello como unha das primeiras medidas ao chegar ao goberno. Sabermos a orixe da débeda municipal , que empresas se beneficiaron dos cartos púlicos e averiguar que contía da débeda va asociada á prestaciónde servizos que non son competencia do concello e que posúen unha financiación doutras administracións insuficiente e tardía.

Respectando o dereito a información da veciñanza , farase pública a mesma relativa a todos os asuntos que afecten aos cidadáns e as xestións de ben público do municipio. Creranse todas as canles posibles de información respectando os principios de igualdade e accesibilidade.

1. AUTOGOBERNO LOCAL.

1.1 . UN CONCELLO MÁIS DEMOCRÁTICO E AUTOXESTIONADO

A recentralización do estado español tamén chegou aos nosos concellos, os últimos anos de goberno do PP castigaron a autonomía local, que ten máis problemas para garantir a súa autonomía financieira e iniciar procesos de contratación pública de funcionarios. A limitación do gasto público que supuxo a reforma pactada de PP e PSOE co artigo 135 da Constitución contribuiu a reducir a capacidade de gasto das institucións locais, e supuxo na práctica retirarlles a capacidade de actuación e de posta en marcha de políticas públicas.

Todo elo encamiñado a limitar a capacidade de acción politica dos nosos concellos e facelos máis dependentes no intre de contratar servizos esenciais a empresas privadas que non sempre son locais ou non sempre respectan os dereitos laborais dos seus traballadores como no caso da empresa de axuda a domicilio de Narón CLECE , caso no que o concello de Narón fai deixamento de funcións fiscalizadoras das condicións de traballo das traballadoras, fracasa en dous eidos, o dos dereitos laborais e a protección á muller como traballadora en profesions feminizadas.

O autogoberno local é o xeito de loitar contra ese proceso encuberto de privatización de servizos básicos , buscar fendas legais que nos permitan por as institucións ao servizo das nosas veciñanzas. Un concello xusto socialmente ten que garantir servizos básicos en igualdade de condicións para todos e todas e para elo estos servizos deben ser públicos ou fiscalizados polo contratante que é o concello.

2.2. PARTICIPACIÓN E CODECISIÓN NAS POLÍTICAS MUNICIPAIS

A participación supón un dos elementos fundamentais do noso ideario e polo tanto do noso programa político. Deben de ser activadas políticas municipais que permitan a codecisión da cidadanía para que participen activamente nas decisións diarias do concello. Os regulamentos de participación non deben quedar no papel e deben materializarse en mecanismos accesibles e reais .
Nesta ocasión para a elaboración deste programa xa fixemos un esbozo do que para nos significa a participación, reunímonos coas entidades e veciños para escoitar as súas demandas e que nos fixeran achegas, coa información recollida elaboramos uns formularios con preguntas sobre as ideas forza emanadas das xuntanzas no que calquer veciño pode colaborar.
A ánalise das respostas e as achegas derónnos un debuxo fiable da situación no concello e das demandas reais da veciñanza, cremos que este é o xeito de facer política participativa, a escoita activa.

Accións

Creación de xuntas de barrio ou parroquia

Activaremos na medida das nosas posibilidades as Xuntas de Barrio ou de parroquias , contando co tecido asociativo xa existente.
Entendemos que é un xeito de traballo directo coa veciñanza e dentro dos límites que teremos como institución as deliberacións das súas xuntas deben de ser tidas en conta na acción de goberno.
Asi mesmo, ás xuntanzas periodicas acudiría unha concelleira, ou concelleiro ou o alcalde. Terían unha presidenta ou presidente bianual escollido democráticamente pola asamblea.
O proceso de empoderamento cidadá e de cooperación coa sociedade civil debe ser fundamental á hora de establecer a nosa acción politica, estemos no goberno ou na oposición.
Dar voz a xente para coñecer de primeira man cales son os problemas e asi deseñar dun xeito óptimo as mellores solucións .

Dación de contas do goberno e fiscalización da acción do goberno por parte da veciñanza.

Cremos nun novo tipo de xestión e acción politica que normalice a fiscalización por parte do pobo do que somos servidores.
Vemos precisa a implantación de mecanismos de transparenza e de dación de contas, dinámicas que no futuro se manteñan en calquer cisrcunstancia porque xa se normalicen, medidas que deben permanecer goberne quen goberne.
Compromisos que unha sociedade civil emponderada ten que demandar e nós implementar e defender.

Na sociedade actual os medios telemáticos son o xeito habitual de comunicación e retroalimentación coa veciñanaza e ,por elo, melloraremos a web do concello, e sobre todo, o portal de transparenza onde no só informaremos da acción do goberno tamén do patrimonio do alcalde,concelleiras e concelleiros , con actualizacións constantes.

Crearemos unha aplicación onde a veciñanza poida deixar unha pregunta ou inquedanza ao alcalde ou concelleiro escollido e este tratara de dar resposta no menor tempo posible.

Asi mesmo deben aparecer todos os contratos menores asinados entre concello e empresas na web. Un dos nosos obxectivos é rematar coas redes clienteleras e amiguismos que lamentablemente son habituais nas nosas institucións e nomeadamente en concellos onde o signo do goberno non muda en décadas.
Queremos abrir as portas a transparenza e pecharllas á corrupción.

Conversas abertas co grupo de goberno

Convocaremos unha serie de encuentros periódicos do conxunto do grupo de goberno presididos polo alcalde abertos a toda a veciñanza e rotativos por todas as parroquias e barrios de Narón.
Conversas abertas cos cidadáns nas que calquer veciño ou veciña pode participar sen ter que pertencer a ningunha asociación ou entidade. Unha vez máis exerceremos a escoita activa para poñernos a traballar en solucionar demandas e problemas.
Sabemos do éxito de este tipo de accións noutros gobernos municipalistas como en Coruña ou Compostela, creando un tipo de relación directa, sen mediadores, coa veciñanza

Orzamentos partipativos.

Elaboraremos mecanismos nos que a veciñanza participara na elaboración dos orzamentos. Que sexa a veciñanza quen teña particicpación activa en todas as decisións fortaleze a democracia e a transparenza.

2. XESTIÓN MUNICIPAL DOS SERVIZOS BÁSICOS : INICIAR PROCESOS DE REMUNICIPALIZACIÓN

Os servizos básicos son un dereito do cidadán e , polo tanto ,non poden ser nicho de mercado para as grandes corporacións, que ademáis aproveitan o intre de precariedade máxima provocada pola crise para fixarse en actividades que antes non eran do seu interese amparados por gobernos neoliberais que tenden a privatizar e ceder os servizos básicos a empresas que logo lles serven de porta xiratoria cando abandonan a labor política.

Apostamos polos dereitos , polo benestar e a igualdade entre persoas , construir un Narón xusto socialmente é a nosa prioridade.
Polo tanto apostamos porque estos servizos básicos volten a ser xestionados e controlados polo concello.
Nos casos nos que non sexa posible polo sobrecusto ou polas limitacións propias da institución a contratación pública será esixente na redacción dos pregos, inxerindo claúsulas de defensa aos intereses da veciñanza , de calidade do servizo , de respecto aos dereitos laborais dos traballadores de respecto a igualdade e fomento do galego.

Entendemos que os procesos de municipalización no son doados e non sempre son posibles a curto prazo por respectar os contratos ás concesionarias pero é o noso deber dar o debate e al menos comezar no posible os procesos que nun futuro poidan materializar esta recuperación do público.

Neste eido temos o exemplo do concello de Teo que municipalizou a auga , levou anos e moito traballo e conseguiuse mantendo os postos de traballo e creando unha nova empresa pública do que nunca debeu de ser privado.

Accións

Diagnose.

Unha primeira medida segundo entremos no goberno debe ser un estudo do estado actual das concesionarias que traballen co concello. Non só se se está a cumprir cos contratos tamén para saber cando vencen e que posiblidades de remunicipalización hai e será posible comezar proceso a curto prazo.

Fiscalización empresas concesionarias

Se na primeira lexislatura non se puideran iniciar os procesos de municipalización se estudaran as bases do concurso para facer cumprir os pregos de contratación, cremos que a labor de fiscalización por parte do concello é fundamental e debe ser permanente e normalizada.

Estudo posibilidades de remunicipalización por servizo básico.
No caso de vencemento da concesión dun servizo durante a lexislatura estudaremos as posibilidades de remunicipalización ,somos realistas e sabemos que a lexislación actual xoga en contra do control público dos servizos. Moitas veces pode significar un sobrecusto para as arcas do concello ou cometer unha ilegalidade, temos o deber de rebaixar no posible os gastos , incluso cooperando con outros concellos ou de buscar as fendas legais que nos permitan xestionar en prol do interese xeral.

Cremos que a combinación de esixencia nos pregos, fiscalización e remunicipalización cado sexa posible son o camiño para garantir uns servizos públicos de calidade e en igualdade.

4.. NARÓN PARA A XENTE

4.1. ORDEAR O ESPAZO E OS RECURSOS AO SERVIZO DO COMÚN. PROTECCIÓN MEDIOAMBENTAL.

Neste tempo de crise económica ,que non parece rematar, os recursos do concello deben estar ao servizo da xente, as dotacións municipais deben estar destiñadas ao benestar da poboación , a rematar coas desigualdades e a promocionar unha economía de proximidade.

Comprometemonos como institución a traballar con empresas do municipio e a promocionar a economía de proximidade e de productores locais axudando asi a creación de emprego.
Nun concello como o noso e fundamental priorizar o rural e o seu desenvolvemento fronte a productores foráneos.
Por outra banda neste sentido imos avanzados no traballo grazas a colaboración de CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), moitas das nosas propostas son suxeridas polo dito organismo.

Accións

Retirada de eucaliptos, unha especie que a Xunta non cataloga como invasora pero de facto si o é, afecta ao noso chan, a agricultura, a paisaxe, ao noso modelo económicoe a nosa flora e fauna tradicionais. É por iso que fomentaremos a cocienciación pola substitución de especies , especialmente en terreos de titularidade pública, xa na pasada lexislatura o noso candidato presentou unha moción pola defensa da biodiversidade, o mantenemento, conservación e recuperación da nosa flora e fauna elaborando unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantación de arboreda autóctona. Retomaremos esta proposta para cumprila.

Renovación progresiva do alumeado público por outro máis eficientemente

Creación de máis espazo público, o auténtico núcleo de socialización , colaboración e cooperación xerador de benestar e caidade de vida . Estes novo espazos pretenden non ser puntos illados pola zoa urbán , senón auténtico senderos verdes que conecte os principais barrios urbáns cos rurais, permitindo unha mobilidade sostible e habilitado infraestructuras para lecer deporte.

Propostas de huanización como rúas peonís e arborización da cidade. As árbores , ademáis do be coñecido efecto de renovación de osixeno tamén xerán espazo de sombra e de insonorización , ademáis da súa aportación visual.

Posta en valor dos terreos de titularidade municipal para a creación de hortos urbáns , dando a opción a veciñanza de Narón de reencontrarse co mundo rural do que provimos e do que inexplicablemente nos afastamos que vese fortalecida mediante a realización de cursos formativos có fin de fomentar a agricultura ecolóxica, potenciando a sustentabilidade e a conservación da biodiversidade.

4.2 NARÓN ACCESIBLE

A inexistencia dun proxecto urbanístico en Narón reflictese na pouca accesibilidade da cidade e do rural: Semáforos sen sonidos para invidentes, falta de rebaixa en moitas beirarrúas para os maiores e cadeiras de rodas, botóns moi altos nos semáforos, paradas de bus moi altas, edificios públicos sen rampas …precisamos un modelo de cidade , e que sexa accesible para todos e todas.

Accións

Crear un Plan de Mobilidade e accesibilidade

Este novo modelo de cidade precisa primeiramente un Plan de Mobilidade que garanta a facilidade dos desprazamentos de todo cidadán en parámetros de equidade e xustiza social, independentemente da renda.
Traballaremos man a man có tecido asociativo e crearemos dispositivos de participación cidadá para que calquer afectado achegue as súas demandas e impresións. Traballaremos nunha app a que a veciñanza poida enviar a ubicación de puntos negros de accesibilidade no municipio para poñernos a traballar nas solucións.

Mellora e ampliación do transporte público

Un parámetro fundamental é o transporte publico, unha das necesidades que máis foi repetida nas consultas que fixemos coa veciñanza. Debe de ser alternativa ao vehículo privado que non todo o mundo pode permitirse económicamente ou por diversidade funcional ou idade.

Debemos garantir que os nosos maiores poidan acuidir aos centros de lecer, deportivos, médicos …ou onde as súas demandas vitais os leven. Que a nosa mocidade poida escoller onde estudar e poda acceder a todos os recursos do municipio sen depender dos adultos.
Unha das causas do despoboamento do rural é a falta de comunicación e transporte que pode levar a unha familia a abandonalo en favor dun lugar onde fillos e maiores non dependan deles ou máis achegados ao traballo para non depender do vehículo privado. Nun concello con tanto espazo rural como Narón esto pode significar abandonalo, non podemos permitir que o rural perda vida nin o concello veciños.

Lugares de traballo como o Polígono do Pozo tamén demandan facilidades nese eido, acudir ao traballo non debería significar un gasto adicional como o transporte privado.

A rede de transporte público debe ser eixe de equilibrio entre terriorios , garantir en equidade servizos a toda a veciñanza do municipio e dinamizar a actividade económica , un mellor ransporte público convida a moverse polo territorio, a mercar , a acudir a actividades de lecer, deportivas , culturais e de turismo.
Polo tanto acudiremos á Xunta de Galiza para mellorar este punto negro detectado pola veciñanza no noso municipio.

Neste eido e traballando de xeito transversal coa Concellería da Muller incluiremos a perspectiva feminista na mellora do transporte púbico, tomando exemplo doutras cidades do estado que inclúen rutas, paradas e horarios de protección para mulleres. Asi mesmo vemos necesaria a formación en “Protocolo de actuación ante agresións machistas” para os traballadores das liñas asi como para calquer traballador ou traballadora dun servizo público.

4.3. REACTIVACIÓN DO RURAL.POLITICAS DE PROTECCIÓN E XESTIÓN SOCIAL DO TERRITORIO.

Narón non pode vivir de costas ao rural, unha grande parte do noso municipio é monte ou agro. É deber das administracións públicas protexer o xeito de vida tradicional que conforma a nosa identidade e , por outra banda, facelo atractivo para que as familias atopen no rural un lugar san e cómodo onde vivir e desenvolverse en todo o seu potencial.
Asi mesmo nun contexto de crise económica o agro revelase como unha opción laboral atractiva e de grande éxito, que axuda a que a mocidade afinque nel e a que os territorios medren e se potencializen.

Galiza vive dende hai séculos unha situación de expolio e dependenza a que non é allea o noso municipio, o goberno da Xunta permite que as grandes corporacións se fagan donas do noso territorio para o seu propio lucro , para exemplo ENCE ou a Mina de Corcoesto, que coa promesa de emprego rematan co noso xeito de vida , o noso ecosistema e a nosa paisaxe patrimonial, a cambio do que se amosa como unha grande mentira. O certo é que estas actividades destrúen máis emprego do que crean e o beneficio económico revertese en empresas foraneas máis ala das nosas fronteiras.

As grandes plantacións de eucalipto son respaldadas e promovidas pola Xunta dun xeito totalmente irresponsable que pon en perigo non só o ecosistema autóctono e patrimonial se non tamén vidas. Para máis a máis os recortes en limpeza de montes e a privatización dos servizos de extinción de lumes ponnos ante unha situación de emerxencia cada verán.

Estamos perante a apropiación e expolio dos nosos bens común para lucro privado.
É o noso deber defender o medio natural, controlar o crecemento da economía e incluso promover o decrecemento do consumo desmesurado fomentando as tres R fundamentais do residuo cero ( Reusar, rehusar e reciclar).
Debemos suboordinar os intereses empresariais aos intereses da veciñanza , donos reais do patrimonio natural.

Accións

Diagnose. É fundamental facer un estudo do estado dos nosos montes , grado de eucaliptización , extensións de fraga autóctona , medidas contra o lume que se están a tomar actualmente e rendibilidade económica dos mesmos.
Asi mesmo facer unha rolda de xuntanzas abertas nas parroquias rurais con veciñanza , asociacións de veciños, productores, propietarios…a fin de coñecer o estado das produccións , rendibilidade económica, propostas de producción e proxectos, estado dos servicios básicos , tranporte, escolas , recollida de lixo, comunicacións ( wifi)…etc.

Creación dun organismo en todas as parroquias de decisión participativa veciñal , un Consello de barrio ou parroquia , con xuntanzas periódicas as que poderán asistir membros do goberno para facer recollida das inquedanzas, demandas e proxectos da veciñanza. A cabeza deste organismo escollerase democráticamente e será unha presidenta ou presidente bianual.

Crearemos un “Plan de reactivación do rural “ para dotalo de servizos básicos que o fagan atractivo para que os veciños decidan afincar nel . Na creación deste plan será fundamental a participación veciñal xa que mellor que eles ninguén para saber as necesidades da parroquia.

Puntos fundamentais parecenos :

Transporte que vertebre os diferentes puntos territoriais do concello dun xeito equitativo.
Manter as escolas rurais abertas independentemento do ratio, hai alternativas de crianza en tribu ou escolas niño e actividades culturais sen necesidade de crear novas escolas ou infraestructuras, só aproveitando as xa construidas como en Pedroso ou a de Sedes que ademáis é a primeira escola que tivo Narón. Temos que revalorizar o tipo de proxecto educativo das zonas rurais, en contacto có agro e a ensinanza das actividades propias do mesmo ( hortiñas onde prantar, coñecemento de animais….)
Por outra banda favorece que os avós e avoas poidan ir buscar ao nenos có que se aforra en moitos casos en comedores, se fomenta a educación en apego familiar e se palía a soidade dos maiores xa que os máis novos non se ven obrigados a abandonar as parroquias en favor do casco urbán.
Ampliar o largo de banda para que o acceso a Internet sexa igual para toda a veciñanza, o uso de medios telemáticos é a día de hoxe fundamental a nivel educativo, laboral , lecer, banca electrónica, comunicación…
Facer un estudo e planificación de asfaltado, sinalización e mellora das estradas e beirarrúas.
Fiscalizacion esixente ou remunicipalización das concesionarias que traballen no rural.
Descentralización das actividades sociais, culturais e deportivas, son actividades as que o acceso debe ser igualitario resida onde resida a veciñanza.
Accesibilidade universal nos edificios públicos , camiños , parques.
No caso explicito da parroquia do Val temos que atender a demanda veciñal na súa relación co campo de golf que está mal pechado sen a rede de seguridade que impediría que as pelotas saían con forza do recinto poñendo as casas do redor en perigo.
Creación de carril bici seguro , que fomente a non dependenza do coche, a mobilidade dos mozos e mozas que vivan no rural e como atractivo turístico e deportivo.

Crearemos un “ Plan de rendibilidade e protección do rural” orientado a reverter o estado e abandono do monte e fometar a actividade económica rural. É fundamental facer labor pedagóxica neste eido na parroquias para que a veciñanza vexa rendible a actividade no agro dende un punto de vista tradicional afastado da explotación foránea e non diversificada baseada só na eucaliptización.

Crearemos liñas de axuda para veciños que repoboen con especies autóctonas e frondosas
Plans de formación e información en diversidade de produccións para facer rendible o monte , promover a explotación dos castiñeiros e as castañas , a apicultura o ecoturismo e a producción de productos ecolóxicos.
Promoción da producción e venda e producto ecolóxico e fomento da colaboración con comercio de proximidade e mercados.
Facer seguimento do estado dos montes , man a man cos veciños e bonificando aos propietarios que o teñan en bo estado de roza e coidados.
Promoción do ecoturismo , recuperando actividades tradicionais e roteiros etnográficos .
Formación en actividades agrarias cara a creación de emprego e a inclusión laboral no sector. Poderíase neste sentido remunicipalizar Aldea Nova e convertilo nun centro de formación en actividades agrarias.
Crearíamos unha bolsa de terreos baleiros en colaboración cos propietarios que serían ofertados para ser traballados cunha concesión temporal. Este tipo de colaboración sería ventaxosa para as dúas partes , o propietario podería desentenderse da roza e mantemento das terras e con elo das posibles multas que impón a loita contra o lume e o usufructuario podería ter unha actividade económica primaria ou complementaria. O cumprimento das condicións do contrato estarían vixiadas polo concello.
Promover a deseucaliptización, con campañas de sensiblización. formación en diversificación e bonificacións.
Promover campañas de sensiblización na loita contra o lume.

Crearemos liñas de axuda para paliar os danos producidos polo xabaril.

Cremos que o problema del medre desmesurado das manadas de xabaril que provocan danos nas fincas te que ser resolto en colaboración coa Xunta e impulsaremos liñas de axuda para sufragar os gastos dos danos producidos nas fincas.

4.4. ACCESO Á VIVENDA, UN DEREITO FUNDAMENTAL.

O dereito a vivenda ven recollido pola Constitución e , polo tanto, entendemos a materialización de este dereito un deber para toda administración pública e , por suposto, unha prioridade para Narón por Diante dende a nosa ideoloxía de esquerda e vocación de servizo ao pobo.
Unha vida para ser digna precisa dun teito e servizos básicos.
Actualmente é un dereito que queda relegado á teoría e desleixado polas distintas administracións estatais e autonómicas, o goberno de Feijoo nomeadamente fomenta a especulación co que é un dereito fundamental.
Xa nesta lexislatura que remata dende de a oposicición activa e proactiva presentamos moción para decrarar a Narón “Cidade libre de dasafiuzamentos” , un texto que comprometía ao goberno actual a que ningún corpo de seguridade colaborara nun desafiuzamento e a creación dun “Servizo municipal da Vivenda” cun censo de pisos baleiros. Tal moción foi aprobada pero os compromisos neste eido non foron cumpridos.
Comprometemonos a que, dentro das capacidades da institución, se materialice este dereito no noso concello.

Accións

Crearemos un “Parque municipal básico de vivenda” para situacións de emerxencia social destiñado a colectivos especialmente vulnerables , persoas sen fogar , vitimas de violencia machista, refuxiados, vitimas de desafiuzamentos…
É preciso pedir ao goberno estatal a cesión das vivendas en propiedade do Sareb ( Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la reestructuración bancaria) para que sexan inxeridas na proposta de creación do devandito Parque de Vivenda , esta proposta debe ser dotada de suficiente orzamento e liñas de axuda para sectores sociais desfavorecidos.
Promoveremos un “Alugueiro social” , garantindo os dereitos das partes , facendo un seguimento da situación e dando incentivos aos donos das vivendas para que lles sexa ventaxoso alugar. Non vemos preciso que a xente teña que gastar a metade do xornal nun alugueiro , que a nosa mocidade non se poida independizar ou os nosos maiores con pensións escuetas teñan que escoller entre comer ou o aluguer.
Implantaremos unha politica fiscal que desincentive a especulación e impulse a función social da vivenda, tomaremos medidas que frenen a especulación de vivendas baleiras. Neste eido primeiramente elaboraremos un “ Censo de vivendas baleiras” .
Unha vez elaborado devandito censo propoñemos recargos no IBI a vivendas baleiras e propor modificación na “Lei de Arrendamentos Urbáns” para estipular un límite ao incremento dos prezos de alugueiro entre contrato e contrato.
Tentarase en colaboración cos propietarios que as vivenda baleiras sexan inxeridas no “Parque municipal básico de vivenda ”
Dende un punto de vista realista somos conscientes de que en materia de vivenda debemos esixir colaboración á Xunta, e asi o faremos, cremos na colaboración entre administracións como fundamental na construcción dunha sociedade xusta socialmente.
Liñas de axuda á rehabilitación , promovendo o xa construido fronte a nova construcción.
Eliminación das infravivendas e chabolismo reubicando aos veciños en vivendas habitables.
Cumprimento das normas de accesibilidade universal nos novos deseños e incorporación dos antigos a ditas normas .
Implementación de consumo enerxético sostible nas novas construccións e adaptación das contruccións antigas.

5. NARÓN SAUDABLE

5.1.DEPORTE E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Estableceremos como prioridade un estudo da situación no municipio que entendemos polas achegas da veciñanza dará un balance negativo da xestión neste eido ata agora, con medidas maquillaxe como crear pequenas pistas multideporte sen arranxar antes os pavillóns xa construidos , non ten sentido un novo gasto cando se pode arranxar o xa construido.

Accións

É precisa a creación dun “ Padroado de deportes” que garanta a xestión e repartición dos recursos seguindo criterios obxectivales e garantindo a equidade entre clubes e iniciativas deportivas.

Promoción de porte de base.Entendemos como prioritario a defensa do deporte base e garatir as nenas e nenos que poidan acceder as actividades deportivas sen exclusión por razón económica ou territorial. Para garantilo buscaremos facilidades de transporte e incentivos as empresas de transporte ou de taxis coas que se pode establecer convenios de colaboración.

Construccións deportivas novas.Polas achegas da veciñanza sabemos que as piscinas munipais están saturadas e non son suficientes para dar servizo a todo o concello, estableceremos coaboracións con outros concellos limítrofes para construir dúas piscinas compartindo gastos e achegando á actividade deportiva a outros dous puntos territoriais do concello.

Deporte sen exclusión económica.Cando a gratuidade destos servizos non sexa posible , estabeceremos criterios sociais á hora de definir o custe dos mesmos , a renda familiar non pode ser un criterio de exclusión.

Facemos unha aposta clara pola inclusión da diversidade nas actividades do concello, é preciso traballar con entidades e asociacións do concello para implementar medidas que fagan accesible a actividade deportiva a todos e todas e a calquer tipo de diversidade.

Fomento do deporte femenino. O indices de abandono do deporte por parte das nenas é moi alto, por falta de instalacións, exclusión nos horarios de entreno ,falta de pedagoxía deportiva…é importante no camiño a igualdade entre sexos fomentar a actividade deportiva entre as nenas.

5.2 NARÓN SEN ADICCIÓNS

Unha cidade non pode denominarse saudable se non se inicia unha loita contra a venta e consumo de drogas, nese eido iniciaremos un “Plan integral de erradicación da venta“, para elo traballaremos man a man coas entidades e asociacións da cidade.

Iniciaremos accións destiñadas a evitar a instalacións de casas de apostas preto de centro educativos ou de lecer infantil. Prohibirase a publicidade dos mesmos .

6. POLÍTICAS DE EMPREGO E REDISTRIBUCIÓN DA RIQUEZA

Debemos crear un Narón onde os cidadáns afinquen e non teña a necesidade de marchar cara outros lugares buscando opcións laborais polo que debemos crear unha cidade de futuro onde sexa sinxelo crear empresas e atopar un emprego de calidade. Este será unha das nosas prioridades, de nada serve dotar ao concello de servizos se os cidadáns non poden formarse e atopar traballo na súa localidade.

6.1. INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO

Vemos preciso un “ Programa de emprego municipal” para persoas en situación de exclusión social, en coordinación con empresas e con seguimento integral de todas as etapas de inserción sociolaboral: orientación, formación…
Debemos traballar en colectivos con maiores dificultades como a mocidade ,as mulleres, as victimas de violencia machista, etnias …

Neste eido incluiremos cláusulas sociais na contratación pública que permitan a contratación de persoas en risco de exclusión.

Estableceremos con entidades empresariais e sindicais do noso concello un “Pacto local polo emprego” para promover a inserción laboral e suxerir e coordinar politicas activas para o fomento da actividade ecnómica .

Deseñaremos actuacións especificas para a mocidade que decide abandonar os estudos , analizando as causas e aumentando as dotacións económicas das axudas de comedor e escolarizacións tentando amplialas a secundaria e a FP para que ningún mozo ou moza abandonen os estudos por razóns económicas.
Asi mesmo tentaremos ampliar horarios e rutas de bus para que os nenos e nenas no teñan que ser escolarizados noutros concellos onde os pais de camiño ao traballo os poian deixar, como nos indicaron as asociacións de veciños cos que tivemos xuntanza.
Entendemos que este punto incide de xeito primordial na recuperación do rural , xa que moitas familias abandonan por este motivo o campo o que causa a falta de ratio esixida pola Xunta ás escolas e , polo tanto, deriva no peche das escolas rurais. Entramos nun bucle de oferta e demanda, non hai transporte ou escola porque non hai nenos , non hai nenos porque non hai transporte e escola.

Debemos activar mecanismos de mellora de competecias persoais o profesionais con obxectivos ligados ao acceso ao emprego.
Apoiaremos a creación de cooperativas e empresas e econmía social para a xestión de determinados servizos desde unha óptica complementaria da xestión da Administración Pública.

6.2. DINAMIZACIÓN ECONÓMICA

Apostamos forte polo desenvolvemento económico do noso concello, o traballo é un dereito constitucional que o concello debe velar por materializar.

Accións

Estableceremos unha politica de contratación e de subvencións públicas apoiada en criterios obxectivos e que garanta a igualdade de oprtunidades entre empresas.

Para promover a economía local e o emprego apostamos polo comercio de proximidade que colabore con productores locais .

Activaremos a producción ecoloxica a venta directa a prezos máis xustos para os productores locais. É un xeito de producción e venta que reduce custos para todos os elementos da cadea de comercio xa que elimina mediadores e gastos de transporte.
Asi mesmo axuda a reactivación da vida rural tan importante no noso concello e que temos entre as nosas prioridades.

Modificaremos as ordenanzas fiscais para favorecer a xeración empresarial , ofrecendo decontos a traspasos, cesións ou transmisións de titularidade sempre que non se mude a actividade económica a negocios que dispoñan de menos de 150 metros cadrados.

Reduciremos no posible os trámites burocráticos que acompañan á creación de empresas e aos proxectos de emprendemento,non é posible que unha licenza tarde meses e incluso anos en concederse.

6.3.O CONCELLO COMO CONTRATANTE E A ECONOMÍA SOCIAL.

Parecenos fundamental fomentar iniciativas de economía social e solidaria que poñan por diante do lucro empresarial as persoas e o fin social, a xestión autónoma e transparente , democrática e participativa.
Promover empresas que se comprometan co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre sexos , a cohesión social e a inclusión de persoas en risco de exclusión social.
Procuran a xeración de emprego estable e de calidade e a conciliación da vida familiar e social.

Accións

Planificación de persoal para toda a lexislatura capaz de cumprir co obxectivo de mellorar os servizos públicos e atender á cidadanía mediante a definición obxectiva de novas prazas e postos necesarios.
Introducir nos pregos de condición de obras e servizos municipais a prioridade a empesas que acheguen emprego estable e introduzan criterios de reducción da xonada laboral ( 35h) asociados á creación de emprego.
Claúsula social nas licitacións da Administración Pública.
Reservada consensuada dentro das convocatorias de emprego público dunha porcentaxe destiñada a persoas con diversidade funcional.
Fiscalizacións das condicións laborais dos traballadores e traballadoras das empresas contratadas polo concello.

7 .BENESTAR SOCIAL

Non entendemos unha administración pública ou unha xestión política que non teña como obxectivo a creación dunha sociedad en igualdade e de xustiza social. Unha sociedade onde todos os individuos sexan iguais e poidan desenvolver toda a súa potencialidade e ver materializados todos os seus dereitos constitucionais e humáns.

Accións

Entendemos prioritario un “Plan Integral de Loita contra a pobreza “ e pola inclusión social e laboral das persoas vulnerables. Utilizando como marco de minimos o Art.3 da lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia. Fixar uns obxectivos mínimos a saber: alimentación, ingresos mínimos, vivenda e suministros esenciais. Prestaremos especial atención a pobreza enerxética e o acceso universal ao gas e a auga .

Cremos necesario traballar coas familias monoparetais , que adoita estar encabezadas por unha muller o que as fai máis vulnerables a entrar no umbral da pobreza, para elo implantaremos un “ Plan de atención especializada a familias monoparentais e numerosas”

Como xa apuntamos en puntos anteriores estableceremos actuacións concretas que impidan que os mozos e mozas abandonen os estudos por razóns económicas . Ampliar as becas de comedor e escolarización a secundaria e FP de xeito que rematada a educación obrigatoria non se vexan obrigados a deixar os estudos. Estableceremos axudas ao transporte e ampliación de horarios e paradas .
Teremos especial atención cara aos nosos maiores.Un sector especialmente vulnerable ante a pobreza son os nosos maiores aos que ademáis acompaña a soidade. Implementaremos sistemas de seguimento de casos de posible exclusión social e crearemos Comedores senior que palien a soidade e axusten o prezo do servizo as rendas dos usuarios, nos casos nos que non sexa posible o desprazamento se creará un servizo a domicilio.
Deseñaremos unha app moi intuitiva de auxilio ao maior que os maiores poidan empregar para dar aviso das súas necesidades e botóns de socorro para pedir auxilio en caso de accidente ou precisar auxilio.

7. NARÓN FEMINISTA.

Non pode haber unha sociedade xusta socialmente se o 50 % da poboación é oprimida, invisibilizada , tratada como cidadáns de segunda. Estamos a vivir un intre de emerxencia social que esta a ser respostada por un rexurdir da loita feminista da man da chamada “ Cuarta onda”. Tras séculos de teorización e loita , o feminismo se atopa forte e reivindica o papel da muller na sociedade como individuo de pleno dereito.
Narón por Diante é un partido feminista sen medo a definirse como tal ou a falar de feminismo sen eufemismos, apostamos por políticas reais e non por medidas e campañas electoralistas que pretenden respostar a o que entenden como unha moda.
Para as mulleres de Naron por Diante a para os nosos compañeiros como aliados o feminismo é unha ferramenta cara unha sociedade de equidade entre sexos , unha loita de xustiza social e unha loita de clase.
En materia de dereitos non pode haber negociación , as mulleres son persoas e como tal teñen o dereito a desenvolverse como individuos en todo o seu potencial sen trabas por razón de sexo.

7.1 .CREACIÓN DUNHA CONCELLERÍA DA MULLER

Aínda que creemos que o traballo en feminismo debe ser transversal, xa que o machismo é sistémico e froito da construcción social patriarcal e , polo tanto, debe de ser tratada en todo os eidos da sociedade. Tamén entendemos que o xenocidio de xénero ao que estamos a asistir que contabiliza xa casi 1000 asesinadas dende 2003 esixe actuaciós radicais e urxentes , o machismo debe de ser extirpado da sociedade e a equidade entre mulleres e homes acadada se queremos unha sociedade de xustiza social real. E por iso que entendemos que a urxencia social da situación da muller é de suficiente importacia como para contar con Concellería propia.

A concellería de Igualdade que traballa en eidos como benestar , diversidade funcional, integración de etnias…non é suficiente para loitar contra unha lacra que comeza a ser unha das primeiras
causas de morte femenina . Asi mesmo a muller como suxeit social non pode permanecer invisibilizada ou inxerida en caixóns de sastre, merecemos como cidadáns de pleno dereito institucións ad hoc e especializadas que escoiten as nosas demandas e traballen nos temas propios do noso sexo.

Esta concelleria traballaría man a man nun “Pacto Social para a Igualdade e contra a violencia machista” con todas as asociacións e entidades feministas e para a muller do municipio cara a elaborar políticas reais de equidade , de loita contra a violencia machista, contra o sexismo , de abolición do machismo e o sistema patriarcal , por un concello libre de explotación sexual da muller e das nenas e de erradicación da pobreza femenina.

7.2.LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Accións

Implantaremos un “Protocolo de protección e atención as mulleres vitimas de violencia machista e os seus fillos”, dentro das capacidades do concello, en especial as que están en situación máis extrema : trata , explotación sexual ou exclusión social. No que sexa posible pola limitacións de capacidades da institución seguiranse os casos de mulleres en situación de perigo , con ordes de alonxamento para a protección das mesmas. No caso de mulleres con animais de protección traballarase na ordenanza de tenencia de animais para que poida ser acompañadas por eles ao maior número de sitios posibles.
Debemos tamén implementar un “ Plan de prevención de violencia machista” en colaboración con todas institucións , asociacions e entidades expertas en todos os tramos do traballo con vitimas da violencia machista e con agresores.

Dotaranse recursos e formación especializada en violencia machista para victimas , formación destiñada a comezar as súas vidas dende cero , a recuperar a súa autoestima e ferramentas para unha vida autónoma .
Por unha banda asistencia psicolóxia en programas psicolóxicos , en convenio co Colexio de Psicologos de Galicia, orientado ao traballo terapéutico de detección da violencia, recoñecemento do ciclo da violencia e ferramentas para recuperar autoestima e sair deste ciclo.
Por outra banda, formación orientada ao emponderamiento e formación para voltar ao mercado laboral no caso de mulleres desempregadas.
No tema da violencia machista non se pode perder de vista o papel do agresor , implementaremos programas destiñados a tratar aos agresores , terapéuticos e en formación en igualdade.
O concello facilitará solucións habitacionais a mulleres sen vivenda ou que teñan que bandonar o seu fogar pola súa propia seguridade ou a dos seus fillos e fillas .
Deseñaremos app de protección para mulleres , con botón de auxilio e redes de usuarias para facer camiño xuntas , saír a correr, acudir a actividades de ocio , avisar a outras usuarias cando se chega tarde…

7.3. NARÓN CONCELLO LIBRE DE MACHISMO.

A abolicion do patriarcado e os seus estereotipos e cánones pasa por facer función pedagóxica social. A sociedade ten que entender que non se pode seguir a extender estereotipos de xénero e a cosificar a muller como un obxecto de lecer que pode ser consumido , vendible ou comprable. No eido do traballo non poden seguir a ser tratadas de xeito distinto, con dificultades de promoción , brecha salarial ou incluso acosadas.

Accións

Creación dun “Plan transversal para a igualdade entre sexos” contando con todo o tecido feminista e para a muller do municipio para elaboralo.

Creación dunha Casa da Muller onde as mulleres poidan atopar un lugar de orientación ,formación, actividades lúdicas e sororidade. Un lugar onde traballar o emponderamento e crear redes sororas con outras ususarias.

Fiscalizarase a actuación das empresas contratadas polo concello no eido da igualdade. Promocionarase o emprego da muller. Deseño de políticas paritarias no acceso á contratación funcionarial e laboral. Políticas reais de conciliación, especial atención as nais con nenos lactantes. Impulso dos espazos de coidados/lactancia dentro do concello e das empresas contratadas.

No eido rural especial atención ao papel da muller , polo noso xeito tradicional de vida a muller ten un papel fundamental no agro, traballando en todos os sectores do mesmo dende hai séculos , compaxinandoo co coidado da casa e as crianzas, non se considerou ata o de agora que esa fora a súa actividade laboral,non cotizando , non recibindo un xornal e , por tanto , non tendo protección da seguridade social como traballadora , con dereito a baixa por enfermidade ou accidente e en dereito a pensión por xubilación. Neste eido debemos desenvolver fórmulas de cotituralidade nas explotacións agrogandeiras e fomentar o empredemento e a cooperatividade femeninas.

No que sexa posible dende as funcións da nova concellería e de xeito transversal co resto das concellerías prohibirase a publicidade sexista e esixirase a súa retirada.

Fomentaranse campañas para acabar coa lacra do acoso de rúa e no trasporte público, campañas destiñadas a que a sociedade deixe de entender o piropo como afago ou que o respecto ao espazo persoal é fundamental entre persoas.

Creación de campañas de sensibilización feministas orientadas a todos os tramos de idade, sendo fundamental a educación na infancia e adolescencia non debemos esquecer aos adultos e maiores , a violencia e o machismo existe en todos os tramos sociais e de idade. Debe terse especial sensibilidade feminista ao contratar espectáculos o fomentar actividades lúdicas , culturais e deportivas.

É deber das institucións publicas fomentar o deporte de base femenino , en aras de fomentar a igualdade de acceso ao deporte dos cidadáns.

Debemos pensar o urbanismo e as cidades en femenino. Os espazos están deseñados por unha sociedade masculinizada sen ter en conta as necesidades das mulleres. As mulleres pola súa labor de coidados , que debería ser compartida, precisa máis espazos de coidados, máis facilidades para transporte público deseñado para crianzas e carriños. Pola inseguridade que estamos a vivir transporte adaptado, con liñas e horarios flexibles , paradas iluminadas, maior presencia de policia , máis iluminación nas rúas e sistemas de seguridade. Un urbanismo que non cree grandes distancias para unha vida diaria, comercio de proximidade, espazos de lecer infantil próximos as zoas residenciais, centros médicos , centros educaticvos…o día a día non pode converterse en horas de desprazamentos.

NARÓN EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA.

O noso concello entrou a formar parte na rede de concellos en Negro contra a violencia, campaña nada no concello de Compostela en 2016 e que na actualidade conta con centos de concellos,
Afondaremos na colaboración no tecido de redes dos Concellos en Negro e coas concellerías da muller do país e o estado, non entendemos o traballo en feminismo se non é colectivo e colaborativo e en sororidade.

Non podemos deixar que esta campaña pedagóxica e de sensiblización se quede en unha festa ou nunha excusa para comercializar o tema da muller ,o feminismo e a violencia. Debemos aproveitala como oportunidade real de aprendizaxe ,ensinanza e visibilización.

NARÓN NO 8M

O 8M é unha xornada de loita e visibilización da muller. Dende o concello facilitaremos no que sexa posible o desenvolvemento e éxito da xornada.

Colaboraremos coas asociacións feministas no que precisen e amosaremos apoio institucional aos paros e a mobilizacións.
Facilitaremos que as traballadoras e cargos institucionais do concello realicen o paro laboral e acudan as mobilizacións.

A Concelleira da Muller non terá ese día na súa axenda ningún acto de representación institucional.

Dende o concello se organizarán actos lúdicos para as crianzas como espazos de coidados para que as nais que queiran mobilizarse poidan deixalos ao cargo de traballadores homes.

6. CULTURA, DEMOCRATIZACIÓN E DINAMIZACIÓN.

A cultura debe ser un eixo artellador das políticas municipais. A cultura como espazo e intercambio de experiencias e de socialización , afastada do enfoque meramente consumista e capitalista, debe ser un elemento enriquecedor e non un mero obxecto de consumo.
Debemos crear un programa cultural contando co tecido asociativo e creadores culturais do municipio partindo de paremetros de igualdade e tomando a cultura como un elemento de creatividade, enrequecimento e fundamental para o desenrolo do individuo

Accións

Descentralización da axenda cultural

A cultura debe ser accesible en todos os barrios e parroquias , polo que debe ser descentralizada , tendo en conta a dipersión territorial da poboación. Fomentaremos que a actividade cultural chegue a todolos puntos do noso concello e non quede relegada ao casco urbán. Para eo contaremos co apoio do tecido asociativo as parroquias e barrios.

Políticas culturais sen redes clientelares e amiguismos

O sistema de contratación pública debe estar baseada en criterios de igualdade de oportunidades entre empresas e criterios obxectivos.
Implementaremos un sistema de concorrencia competitiva, valorándose os proxectos de xeito independente.
Aproveitar neste eido o Padroado da Cultura, empregandoo como órgano coordinador das accións culturais e asociacións e creadores.
Mellora dotacional das bibliotecas municipais facendo fincape na adquisición de obras en temas invisibilizados como feminismo ou lingua galega.
Creación de feiras do libro periódicas e segindo a liña de descentralización por barrio e parroquias.
Establecer ciclos de cine de carácter cultural exentos de criterios de competividade aproveitando espazos como o Café Teatro ou espazos a o aire libre en época estival.

Establecer itinerarios culturais que manifesten o relevo de feitos patrimoniais como a Revolta das Mulleres ou das Pedradas, elementos arquitectónico como o Muiño das Aceñas , arqueolóxicos como o castros ou megalitismo, …etc

6.1. CULTURA ACCESIBLE

O acceso a cultura debe ser garantido a calquer veciño ou veciña que o desexe con independenza dos seus ingresos ou diversidade.

Asi mesmo debemos potenciar a actividade creadora fomentando programas de emprendemento e formación.

6.2. DEMOCRATIZACIÓN DA COMUNICACIÓN

Recibir formación veráz é un dereito da veciñanza en aras dunha igualdade real entre veciños viva onde de vivan , e sexan as que sexan as súas circunstancias persoais.

Accións

Promocionaremos unha web funcional e intuitiva, faremos seguimento das redes sociais para que conten cunha actualización constante.
As mesmo os veciños que o desexen poderan suscribirse a canles de telegram e listas de defusión de whastapp.

Mais entedemos que segue a haber unha brecha tecnolóxica por idade e medios económicos e , polo tanto, os medios de comunicación tradicionais deben ser mantidos e promovidos polas administracións públicas para garantir a igualdade entre veciños.
Apostaremos pola creación de medios de comunicación municipais , radio , televisión e canle de You Tube que fale do día a día do concello.

De non ser posible estableceranse mecanismos de publicidade instiucional , seguindo parámetros obxectivos de igualdade. Entendemos a comunicación como un servizo público.

6.3 . EDUCACIÓN

Somos conscentes de que educación non é unha competencia municipal sen embargo hai medidas que se poden tomar dende o concello, de apoio, promoción e traballo colaborativo con centros educativos , AMPAS e asociacións.
A educación é o píar dunha sociedade xusta socialmente e fundamental para o desenvolvemento en todo o seu potencial do individuo.

Accións

Queremos que o Consello Escolar Municipal gañe `presenza na vida ordinaria do concello, dandolle visibilidade diante da comunidade educativa e de toda a cidadanía. Convocatoria ordinaria polo menos ao principio e ao remate do curso.
Deseño dos mapas escolares. En actualización constante para que poida anticiparse os incrementos de poboación e adecuar a oferta de prazas á demnada das familias.
Evitar os “ colexios refuxio” para determinadas problemáticas que fomenta a exclusión e no reflicten a sociedade onde nenos e nenas viven.
O concello será o interlocutor e demandante ante a administración autónomica para a ampliación e construcción de novos centros.
O concello demandará á Xunta o mantenemento das instalacións educativas.
Garantir a igualdade entre nenos e nenas teniendo unha partida económica difereciada para que oas crianzas en situación desfavorecida poidan incorporarse con naturalidade á vida educativa. Unha politica de bolsas eficaz , discreta e xenta de publicidade.
Creación e seguimento dos camiños escolares seguros, con boa sinalización e tralladores encargados da vixiancia e coidado dos nenos e nenas.

9. O GALEGO.PROTECCIÓN E PROMOCIÓN

Entendemos que a lingua é un eixo fundamenta da nosa cultura e identidade polo que fomentaremos a súa normalización, uso e prestixio en todas as accións do goberno.

Accións

Diagnose A curto prazo estudaremos a situación da nosa lingua no concello, puntos fracos , número de falantes, uso por parte da administración púbica…faremos unha analise que nos axude a implementar políticas lingüísticas eficaces. Na liña das demandas da mesa para a Normalización Lingüística.

Dende o concello.

Bonificaremos e promoveremos as accións culturais en galego. Priorizarase a contratación de empresas , grupos musicais , de teatro…que empreguen o galego e se fará seguimento de que realmente sexa asi.
A logo prazo queremos crear un Servizo de Normalización Lingüística , dotada de recursos financierios e humáns que planifique , xestione e execute accións e medidas axeitadas para o uso, defusión e prestixio do galego.
Estudaremos a incorporación do noso concello na Asociación de Entidades Locais pola Lingua.
Dende o concello debemos ser exemplares no seu uso e polo tanto tanto cargos institucionais como funcionariado deben empregalo e promocionalo.
Impulsar que a educación no nosos concello sexa polo menos un 50 % en galego.
As actividades do concello deben utilizar o galego como lingua prioritaria.
Establecer que nos pregos de consdicións dos concursos púbicos se inclúa de oficio de que as “ofertas e estudos técnicos que se acompañen deberán estar redactados en galego”

10. UNHA NOVA POLITICA PATRIMONIAL

Narón é un concello con historia e patrimonio que é preciso protexer, como herdanza as novas xeracións e como elemento pedagóxico. Un pobo non debe perder a súa historia e patrimonio para protexer á súa identidade, o emponderamento dun concello debe de pasar necesariamente por el mantenimiento de su patrimonio e historia.

Accións

Restauración do Muíño das Aceñas
Censo e catalogación dos restos megalíticos e castros do concello
Censo e catalogación dos edificios históricos do concello
Mantenemento e estudo do Camiño Inglés ao seu paso por Narón
Mantenemento e estudo do Camiño do Santo André de Teixido ao seu paso por Narón
Recuperación de la tradición oral e lendas
Creación e mantenemento roteiros de restos arqueolóxicos
Mantenemento e restauración lavadeiros antigos

11. TENENZA DE ANIMAIS.

Actualmente é habitual que as mascotas formen parte das nosas familias, integramolos como un membro máis e asi queremos coidalos para elo e para unha boa convivenza entre animais e persoas na veciñanza precisamos ter unhas normas e facer modificacións nas cidades.

Accións

Ampliación de parques caninos, actualmente son pequenos e os cans grandes poden sufrir estrés por problema de territorialidade. Mantenemento dos parques, dos peches e da seguridade.
Control e protección das persoas que alimentan as colonias felinas , sensiblizando á sociedade cara o agradecemento a estas persoas e non a súa criminalización. Expedición de indentificaciones.
Inflexibilidade no control da obriga dos propietarios de ter os seus animais identificados con chip. Convenios de axuda a esterilización e identificación de mascotas con veterinarios.
Crear un sistema de control de cumprimento da ordenanza de Benestar Animal que prohíbe ter animais atados con cadeas, patios a intemperie ou balcóns.
O Concello farase responsable do control das colonias felinas , desenvolvendo o proxecto C.E.S (captura, esterilización e solta) actualmente en mans da Asociación Cometa. Segundo a ordenanza de benestar animal debería ser o concello o responsable do control mais non está a ser asi.
O concello instalará casetas de protección debidamente sinalizadas nas colonias felinas e bebedero e comederos para que las personas autorizadas alimenten a los animales de xeito hixienico que non enlixe a cidade.

12.TURISMO

12.1. O TURISMO COMO DINAMIZADOR SOCIAL E ECONÓMICO

Narón é un concello extenso cun grande atractivo turístico que esta a ser desaproveitado. O turismo pode ser un elemento dinamizador de la economía, reactivador do rural e creador de emprego.

Accións

Promoción do ecoturismo. Casas de turimo rural. Venta de productos de productores locales e típicos.
Promoción das actividades deportivas na natureza.
Creación de roteiros etnográficos , arqueolóxicos e históricos.
Promoción do Camiño Inglés ao seu paso por Narón: sinalización, oficinas de información, búsqueda de implicación da hostalería e comercio , actividades culturais e pedagóxicas baseadas no camiño.
Promoción do Camiño a Santo André de Teixido ao seu paso por Narón: sinalización, oficinas de información, búsqueda de implicación da hostalería e comercio , actividades culturais e pedagóxicas baseadas no camiño
Mantenemento da area de Pedroso e promoción de actividades ao seu redor.
Promoción do Mosteiro do Couto.
Darlle vida activa as Oficinas de turismos
Promocionar o Oenach como atractivo cultural e turístico.
Deseño dunha app de promoción e información das actividades de lecer no concello: roteiros, actividade culturais e deportivas, axenda cultural, hostalería, parques…

12.2.TURISMO ACCESIBLE

A accesibilidade universal é un tema de vital importancia para un concello, un tema serio no que queda moito por facer, e polo que estamos traballando desde Narón por Diante. Segundo a OMS sobre un 20 % da poboación mundial presenta algún tipo de discapacidade. En España, de acordo con o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), a porcentaxe traduciriase en uns 4 millóns de persoas. Polo tanto hai moitos millóns de potenciais viaxeros no mundo que merecen deben disfrutar de facilidades de acceso e mobilidade nos diversos destiños turísticos.

En España existen xa algúns exemplos con estos itinerarios u programas de Turismo accesible. Ávila foi pionera ao facer posible o percorrido de parte das súas murallas en cadeira de rodas e ademáis diseñouse un roteiro accesible que comunica os principais monumentos. Esta é unha das razóns polas que Ávila é Patrimonio da Humanidade pola Unesco e recibiu en 2011 o premio de Ciudad Accesible que otorga cada ano a UE. Tarrasa, Santander e Oviedo tamén se distinguen polos seus esforzos en facilitar o acceso aos lugares históricos e polo seu empeño en eliminar barreiras arquitectónicas.

O turismo é unha base económica moi importante para calquer país. E o conseguir que exista un turismo sen barreras debería ser unha prioridade en calquer axenda política. Portugal é un exemplo a seguir cun sistema para o estudo das barreras arquitectónicas, e unha política para conseguir un turismo accesible de calidade. No noso estado cada vez hai máis destinos turísticos accesibles pero son una ínfima parte do que se demanda. Queremos facer de Narón unha cidade única, a partires dos Principios do Deseño
Uso equitativo. O deseño é útil e vendible a persoas con diversas capacidades. Proporciona os mesmos xeitos de uso para todos: idénticas cando sexa posible, equivalentes cando non. Evita a segregación ou estigmatización de cualquer usuario.
Uso Flexible.O deseño acomodase a un amplo rango de preferencias habilidades individuais.Ofrece opcións no xeito de usarse, axustase ao usuario.
Uso Simple e Intuitivo.Utilización do deseño sinxelo de entender, sen importar experiencia, coñecementos, nivel de concentración…

Información Perceptible. O deseño transmite a información necesaria de xeito efectiva ao usuario, sen importar as condicións do ambente ou as capacidades sensoriais do usuario.Utiliza diferentes medios (picUniversal, que se basea no diseño de productos e entornos para ser usados por todas as persoas, ao máximo posible, sen adaptacións ou necesidade dun deseño especializado.Os sete principios poden ser empregados para avaliar deseños existentes, como guía no proceso de deseño para educar tanto a deseñadores como consumidores sobre as características de entornos e productos de uso máis sinxelo: tóricos, verbais, í) para a presentación de manera redundante
da información esencial.Proporciona compatibilidade con varias técnicas ou dispositivos usados polas personas con limitacións sensoriais.
Tolerancia ao Erro.O deseño minimiza riscos e consecuencias adversas de accións involuntarias ou accidentales.Ordea os elementos para minimizar o perigo e erros.Advirte de os perigos e erros.
Mínimo Esfuerzo Físico.O deseño pode ser usado cómoda e eficentemente minimizando a fatiga.
Adecuado Tamaño de Aproximación y Uso.Proporciona un tamaño e espazo axeitado para o achegamento, alcance, manipulación e uso,
independentemente do tamaño corporal, postura ou movilidade do usuario.

O deporte ademáis de ser saudale, é atractivo e interesa a grandes sectores de poboación, sobre todo os que se poden practicar na natureza polo que as viaxes de aventura son actualmente un grande nicho de mercado e interese turistico , sen embargo no entorno natural atopanse demasiadas barreiras que impiden a accesibilidade universal. Para as persoas con discapacidade planificar unha viaxe acarrea moita planificación e ter en conta moitos detalles, xa que existen moitas barreiras arquitectónicas a ter en conta: bordillos altos, rampas mal situadas, pasos de peatóns non adaptados, beirarrúas en mal estado, etc, a planificación urbán na maioría dos casos non é axeitada e os transportes publicos non son todos accesibles. Dende Narón por Diante imos traballar a pé de rúa para conseguir eliminar todas estas barreiras tanto urbáns como rurais para abrir as puertas a toda a veciñanza independentemente da súa condición.
Xeralmente neste eido só se teñen en conta as barreiras arquitectónicas pero igualmente importantes son as barreiras da comunicación que poden afectar ao desenvolvemento psicolóxico e social dalgúns individuos. Para eliminar estas barreiras implementaremos planas de formación para os axentes turísticos e funcionarios públicos, mellorando asi as canles de comunicación garantindo a accesibilidade e pleno disfrute dos recursos turísticos.

Accións

Estudaremos a creación de rutas de Vias Verdes.

O programa europeo Greenwalls4all, coordinado en España pola “Fundación de los Ferrocarriles Españoles” propón mellorar o acceso ás vias verdes do continente e a calidade da oferta turística orientada as persoas con discapacidade, así como a defusión de estos recursos como infraestructuras. Son roteiros non motorizados,que aproveitan principalmente vías de ferrocarril abandoadas. Son probablemente os itinerarios máis accesibles para adentrarse a Natureza e para a práctica de lecer ao ar libre universal. Xa son mais de 115 repartidas polo país e son moi diversas, desde sendas rurais ata caminos urbáns, desde percorridos de pouco máis de 5 km a 100 km.

Analise e estudo do estado actual da accesibilidade no eido do turismo no nosos concello
Malia a potencialidade dos destiños que contan con vías verdes, los viaxeros non teñen facilidades para adquirir un producto turístico accesible ao completo o que significa que, aínda que unha persoa con discapacidade se decida a realizar unha viaxe para realizar unha ruta de vía verde accesible, antes de chegar atoparase con infinidade de obstáculos que frustraran a súa viaee e que hay que lotaremos por erradicar.

A mobilidade é un dereitoo humán fundamental, polo que deben porse ao servizo da sociedade uns sistemas de transporte e unha configuración urbán accesibles universalmente a todos e todas, teña ou non problemas de mobilidade, comunicación sensorial, percepción ou de índole cognitiva e mental.

10. NARÓN PARA A PAZ E O INTERNACIONALISMO.

A sociedade que queremos construir ten o seu xermolo nas localidades, creemos que o que poidamos sementar no noso municipio pode ter eco nivel mundial, transformando o noso entorno podemos transformar o mundo cara un sistema máis xusto socialmente. Como persoas comprometidas de esquerdas non podemos dar as costas a pobreza e desigualdade que vemos no mundo.

Accións

Campañas permanentes de apoio aos pobos oprimidos como o Sahara e Palestina, neste eido levamos tempo a colaborar con Vacaciones en Paz , programa orientado a acoller nenos e neas saharahuis por parte de familias voluntarias a pasar as vacacións estivais afastadoos un tempo da dura vida nos campamentos.

Dende o concello impulsariamos políticas de apoio e defusión a proxectos de este calado . Tamén , por outra banda apoiariamos aos cidadanás nados como españois antes do abandono do estado esañol do Sahara e que hoxe figuran como apátridas no seu propio estado.

Campañas de sensibilización sobre a situación dos pobos do mundo e firme defensa dos dereitos humáns nos centros educativos , facilitando ferramentas educativas , asi como para a veciñanza no seu conxunto.

Políticas de cooperación e solidariedade internacional que prioricen os dereitos humáns.

Hermanamento con pobos irmáns que compartan idearios de paz, respecto aos dereitos humáns e defesa dos traballadores.

Promoción internacional da nosa localidade facilitando o interese empresarial na nosa localidade ou o contacto dos nosos empresarios e traballadores en inicativas e proxectos internacionais.

Anuncios
About el comunista (60561 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: