Anuncios

Concentración CCOO Industria Ferrol nas Mutuas

O mércores 10 de xullo, de 12 a 13horas, concentración diante de MUTUA FREMAP.
CCOO continúa a campaña contra os abusos das mutuas.

A Federación de Industria de CCOO continúa en Ferrol a súa campaña contra os abusos das mutuas. O sindicato fai un segundo momento, nesta ocasión que terá lugar entre as 12 e as 13horas diante da MUTUA FREMAP (Avda. De Esteiro, 58, Ferrol).

Segundo o sindicato, non se van parar de facer mobilizacións ata acadar unha modificación real nas prácticas que están a realizar estas entidades en materia de xestión de altas e baixas entre outras.

Isto é unha loita sindical na defensa das persoas traballadoras, o dereito a enfermar e a ter un emprego digno que sexa responsable dos danos que ocasiona. E se eliminen os riscos no traballo, non as cifras de accidentados derivando á Seguridade Social.

CCOO informa tamén que a loita é cara as Mutuas como entidades, sendo conscientes de que as persoas que traballan nelas, son traballadores e traballadoras e sofren en ocasións presións para facer este tipo de prácticas.

Ferrol a 8 de xullo de 2019.

Anuncios
About el comunista (60576 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: