Anuncios

Comunicado folga mantemento Navantia a día 5 outubro

CCOO Industria da comarca de Ferrol no décimoterceirodía de folga observamos que se chega a este día polas actuacións dos diferentes actores neste conflito. Pois como vimos apuntando nos últimos comunicados, o culpable principal dos despidos é a Xerencia da UTE, mais os acontecementos que se veñen dando ao respecto das averías e mantementos preventivos son dependentes da Dirección de Navantia. Polo tanto parece que o dereito tan usual noutros convenios, como é a SUBROGACIÓN do persoal de mantemento é o principal obxetivo.

O vindeiro Luns 7 de outubro temos unha xuntanza de mediación deste conflito, ao que acudiremos e agardamos que existan avances, se non fose o caso a presión e o conflito aumentará exponencialmente. Pois pode que existan máis compañeiros afectados por dita folga, por exemplo os dos barcos que probablemente viñeran nestas datas a reparar.
Dende CCOO Industria da comarca de Ferrol sentímonos especialmente orgullosos da loita e do resultado da negociación do último Convenio do Metal de A Coruña, tanto no aspecto económico como no resto de aspectos introducidos como son a SUBROGACIÓN e a INCLUSIÓN DO PLUS DE NAVANTIA no texto do Convenio. Polo tanto como firmantes estamos especialmente implicados na loita por manter os dereitos que tanto costou acadar.

Dende o Comité de Empresa de Navantia se trasladou que se vixiaría que non se sustitúan aos traballadores en folga, é dicir que non se fixeran tódalas actividades que estos traballadores viñan facendo. Ao respecto a Dirección da Empresa está suplindo ditos traballos con persoal de Navantia e de algunha empresa auxiliar para reparar as averías. O que probablemente vai en contra do laudo dictado sobre os servizos mínimos e que está prohibido polo art. 6.5 do RDLRT. Pois os traballadores en folga son os que reparaban TÓDALAS GRÚAS exteriores e interiores e ditas grúas están sendo reparadas por quen non exerce esas funcións nunha situación sen folga.

Agardamos se tome canto antes unha postura responsable de Navantia respecto a este conflito, tanto na toma de decisiónsrespeto da Seguridade e Saúde dentro do asteleiro coma rescindindo o contrato de dita UTE.

A política de subcontratación de Navantia demostra en cada un dos contratos que, só precariza e deixa en mans de piratas que ao final perxudican tanto a traballadores como a propia actividade.

É IMPRESCINDIBLE regular a política de subcontratación e abrir a Mesa da Industria Auxiliar derivada do Convenio.

Responsabilizamos á Xerencia da UTE e á Dirección de Navantia do perxuizo que poida xerar a falta de mantemento e de atención ás averías (acolléndose a mínimos e levando a datas límite) tanto na actividade como na Seguridade e Saúde dos traballadores dos asteleiros da Ría de Ferrol.

¡¡¡READMISIÓN XA, CCOO SEMPRE NA LOITA POLOS DEREITOS CONQUERIDOS!!!

Ferrol a 5 de outubro de 2019.

Anuncios
About el comunista (68484 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: