Represión sindical en Neumáticos Louzan

Dende CCOO Industria da comarca de Ferrol denunciamos a represión sindical dun compañeiro desta empresa, que como consecuencia de pedir os seus dereitos como traballador recollidos en convenio de forma correcta e sen deixar de facer as labores que se lle encomendaron.

A profesionalidade vai aparellada ao respeto dos dereitos e deberes que cada traballador e cada colectivo ten asociados mediante os convenios e a legalidade vixente en materia laboral. Nalgunhas empresas como LOUZÁN, non respetan ditos dereitos e impoñen a represión ante quen os reclama, tamén así para exercer medidas exemplarizantes de cara o resto d@s compañeir@s.

CCOO defendendo os dereitos da clase traballadora non permitiremos xamáis abusos por parte de patronais irresponsabeis que amparándose en causas obxetivas reprendan aos traballadores que esixan o cumprimento dos seus dereitos.

Dende CCOO Industria da comarca de Ferrol pedimos unha reunión co fin de abordar ditos dereitos e a resposta foi un despido inxustificado.

Polo tanto, tomaremos medidas sindicais contra este tipo de actitudes.

“Louzán: Precaridade sobre rodas” Non merques precaridade, non apoies a REPRESIóN.
Narón, a 5 de febreiro de 2020.

CCOO

About ELCOMUNISTA.NET (69832 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: