Electro Rayma e Comisión Central Auxiliares Navantia

CCOO Industria da comarca de Ferrol nos posicionamos totalmente en contra de que NAVANTIA lle quite traballo a ELECTRO RAYMA neste caso, como se fose a outra noutro caso, por carecer de motivos obxetivos respecto o AOR2.

Entendemos e compartimos a prioridade de realizar a carga de traballo en calidade e tempo, cualidade que identifica ao Estaleiro. Por iso agardamos que as noticias que se deslizan no sentido de quitar traballo se modulen e armonicen pois esta empresa a día de hoxe chega aos fitos productivos en tempo no AOR2, cunha previsión de mellora producto de comezar a traballar a tres turnos e co reforzo de persoal desplazado ao AOR1. Polo ben d@s traballadores/as de Rayma, que é o que a CCOO nos importa, agardamos tamén que Rayma mellore a súa xestión e argumente a súa planificación cara a Navantia.

Dende CCOO Industria da comarca de Ferrol apostamos polo emprego directo por parte de Navantia. E mentres a empresa segue con políticas de subcontratación descontrolada apostamos porque as empresas locais teñan a cualificación e a capacidade de dotarse de persoal, coas condicións dignas do Convenio do Metal de A Coruña implementadas cos Acordos de Navantia incluidos en dito convenio firmado por CCOO.

A industria local revirte sempre en maior medida nesta comarca tan sacudida polas políticas desindustrializadoras lexisladas na reforma laboral do PP e coa Xunta de Galicia posta de perfil.

Así mesmo, dende CCOO Industria da comarca de Ferrol instamos a Navantia a que abra dunha vez a Comisión Central de Auxiliares que deriva da firma do Convenio de Navantia e en xaneiro se comprometeron a convocar canto antes. Seguimos agardando pero se non é convocada canto antes teremos que tomar medidas adecuadas ao calado do que nesa Comisión se ten que resolver para os planteis da Industria Auxiliar de Navantia.

Para a Industria Auxiliar a regulación das condicións laborais da Industria Auxiliar é primordial que se regule nas licitacións de Navantia o cumprimento do Convenio do Metal de A Coruña. Non poden poñerse de lado ante a competencia desleal baseada no convenio que vai a cumprir cada empresa, como poden ser os convenio de enxeñería, consultoría ou construcción. Así como outros puntos que debemos abordar en dita Comisión.

Ferrol a 29 de febrero de 2020.

About el comunista (68504 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: