Situación en Pull&Bear Loxística en Narón

CCOO Industria Ferrol non imos a consentir que a crise sanitaria do COVID19 vulnere os dereitos da clase obreira e atacaremos directamente as empresas que poñan en risco a saúde d@s traballadores/as sexa cal sexa o nome da devandita empresa. Por elo denunciamos unha vez máis a actuación de Pull&Bear Loxística na súa instalación do Polígono Río do Pozo.

Como vimos denunciando os pasados días á empresa do Grupo INDITEX, a representación sindical reclama que as medidas preventivas que a empresa está a tomar son totalmente insuficientes para garantir a protección sanitaria da totalidade do seu plantel ante a pandemia do COVID19.

A empresa enviou a casa a todo o persoal denominado de risco, pero para CCOO Industria Ferrol así como para as Seccións Sindicáis de CCOO e UGT de Pull&Bear e o persoal de almacén as medidas seguen a ser insuficientes.

Por elo, tras instar por escrito en varias ocasións a unha xuntanza urxente coa empresa para tratar as medidas polo COVID19, e non ter resposta algunha. Decidiuse poñer esta situación en coñecemento da Inspección de Traballo.

Dende CCOO Industria Ferrol trasladamos a necesidade de extremar tódalas medidas necesarias para garantir a saúde d@s traballadores/as e do conxunto da poboación.

De non ser así, tomaremos medidas máis contundentes, pois o incumplimento das medidas sanitarias ante este virus é claramente un RISCO GRAVE e INMINENTE.

ccoo industria

 

 

 

 

About el comunista (68116 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: