Situación comarcal das empresas ante o COVID-19

CCOO Industria Ferrol valora as respostas das Empresas da nosa comarca cara a situación de crise por covid-19, como improvisación, descontrol laboral, sangría e irresponsabilidad, tomando diferentes medidas que poñen en dubida os dereitos dos traballadores e traballadoras desta comarca:

  • Despidos ilegais, xenéricamente de fin de obra sen finalizar a obra, quedandom co persoal mínimo cando para rematar as obras Terán que contratar persoal, de novo.
  • Adxudicar vacacións unilateralmente por parte da empresa, cando teñen que estar marcadas e con 2 meses de antelación.

Inicialmente e ante os 15 días de estado de alarma as empresas tomaron medidas urxentes, descontroladas e desmedidas sen ter unha visión real da situación, e desfacéndose d@s traballadores. Plantexaron incluso ERTEs de Forza Maior, previos ao R.D. 8/2020.

Tras a ampliar o estado de alarma, as empresas pasaron a valorar as medidas dos ERTEs modificados polo COVID-19

CCOO denunciamos como levamos facendo dende o 18 de marzo, interpoñendo as correspondentes demandas á Inspección de Traballo, en centros nos que non se cumpren as suficientes medidas preventivas ou impugnando ERTES nos centros que entendemos que non se axustan as directrices recollidas no R.D 8/2020. No caso do despidos irregulares d@s traballadores/as temporais, instamos a que os traballadores/as que están nese caso a que demanden.

CCOO Industria Ferrol denunciamos que tanto as que despediron irregularmente, como as que non, acolléronse ao ERTE de Forza Maior do cal dubidamos da súa constatación. Ademáis en ningún caso melloran as condicións de ese tipo de ERTEs con ningún complemento. E sí beneficiándose da exoneración ás empresas das cotas á Seguridade Social d@s traballadores/as, cando podían darle cobertura a est@s compañeir@s en lugar de despedi-los.

Dende CCOO Industria, reclamamos á Xunta que non constate a Forza Maior dos ERTEs que non estén debidamente acreditados e tamén que habilite unha prestación para compensar a estas persoas despedidas, así como unha prestación complementaria para as persoas que entran nos ERTEs.

Ferrol a 27 de marzo de 2020.

ccoo industria

About el comunista (68269 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: