Sector axuda a domicilio e lempeza hospitalaria. Conciliación corresponsable en tempos de crise

A Secretaria da Muller de Cys Galicia, Carmen Villar Outes, denuncia publicamente que a crise ten xénero e evidencia a vulnerabilidade a que están expostas as mulleres.

Sectores esenciais como limpeza hospitalaria e axuda a domicilio cobran importancia en estos momentos por ser servizos feminizados, representando o 90% das plantillas.

Aínda que están a ser esenciais nesta crisis, non se lles está a recoñecer a súa labor e están a sufrir unha dobre discriminación.

Por unha parte, o alto porcentaxe de exposición a enfermidade polo desempeño do seu traballo, coa carga psicolóxica que leva e a responsabilidade dos coidados familiares E por iso que e moi importante analizar a crise en clave de xénero, tendo en conta que a gran maioría dos coidados seguen a recaer sobre as mulleres

Unha porcentaxe moi alta de mulleres seguen a ser as encargadas da realización das tarefas do fogar, coidado dos fillos, persoas maiores…, cunha maior dedicación nestes momentos polo peche de escolas, garderías, centros de día e sen ningún tipo de medidas de conciliación real e efectiva.

En ningures se reflexa esta situación, cales son as medidas de corresponsabilidade, sobre quen recaen os coidados.

Dende CCOO solicítanse mais medidas de conciliación para paliar a desigualdade que lonxe de mellorar, a crisis polo COVID-19 está empeorando.

About ELCOMUNISTA.NET (77656 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: