Anuncios

Coronavirus: mascarada fascista

Ali, no cerne do panóptico, a torre central, mutada os domingos en capela para moralizar aos criminais. Alí, onde os vixilantes gozavan do privilexio de ver sen ser vistos.

De Iolanda Teixeiro Rei*

Unha mañá espertamos na metamorfose, acurralados como Gregorio Samsa. Outravolta, os ollos do anxo da morte a nos fitar nun medioevo 5 G onde a danza da morte bategava nos tellados do mundo e enchía de cadaleitos anónimos as residencias de anciáns.

Como cans potencialmente perigosos, as persoas saían con bucal polas rúas ermas, e as praias e campos amencían nun mar de máscaras cirúrxicas entre as toalliñas húmidas e os plásticos de nitramón. Nos carros estacionados as máscaras penduravan dos retrovisores sustituindo ás imaxes dos San Cristovos cal un Hermes psicopompo de biocontrol. O mundo pechava o ciclo secular dun novo surrealismo que xa non estava ao servizo da revolución senón das forzas sotarregas da reacción. Na arte, as mazás con antifaz e eses reloxios deformados de Dalí cobravan un sentido premonitorio.

O panóptico da omnisciencia invisivel mudava á residencia estival e apurava a temporada pintando setecentas oitenta cuadrículas na praia de Silgar mentres os drons sobrevoavan o rural vixiando o aforo e informando en tempo real nas redes sociais. Chegavan, do can de Singapur, uns ouveos bradburiáns de alienación en masa onde os Montag non precisavan arder os livros porque case ninguén lía, fecharan bibliotecas e livrarías, e as Mildred falavan cos familiares tertulianos das illas de sobreviventes e cos híbridos de ovella e porco duns novos gravados monstrosos.

Na España agnotolóxica -secana historia criadora de ignorancia a mantenta-, agonizan as livrarías e esmorecen as bibliotecas. Robert Proctor dicía que a ignorancia é poder. Espertava o ogro asasino de Doré e o terror pánico hobbesiano demandando un novo pacto social. Entre as ringleiras dos famentos, a Conferencia Episcopal compensava o déficit de ingresos coas doazóns dun portal na web mentres o seu exército intermediava os salarios de miseria das mulleres migradas para servir ás familias das rúas Serrano e Salamanca onde os privilexiados bulravan o confinamento batendo unhas cacerolas sempre cheas en nutrida e permisiva festa.

Entretanto preparávase a conxura dos necios. Os novos Ignatus, inadaptados e anacrónicos, os soñadores do regreso das castas e da moral medieval. Mascarada das baterías de artillería disfarzadas saían en caravana ondeando as bandeiras da patria do touro e dos paseados nas cunetas. Bucal verde milico abandeirado con sensores de fume roxigualda en alaridos de demagoxia ancestral herdada dos eternos golpistas. Envoltos en incensarios de saias misóxinas aventando o lume, a remexer nos rescoldos das baixas emocións, o medo, a envexa, o prexuízo, prendendo as cinzas dun pasado sempre quente e irresolto. O primeiro de maio proibírase a caravana das bandeiras vermellas. Non precisamos detectores de movemento e calor, sensores de proximidade nen programas de recoñecemento facial para ventar totalitarismos.  O trípode monstroso desfila baixo palio de pasarela demócrata. A esquerda confinada sen cámaras infravermellas. Afoutas enfermeiras  a combater fascistas en Ciudad Real.

A ceifa dunha fanada democracia esparexida en plataformas e fundacións alimentadas con fondos públicos. Entre tanto os sismólogos centralistas do progresismo a axexar o noso ruido sísmico, as vibracións dos operarios no tallo e  a nova normalidade do vello dióxido de carbono dos carros para o quentamento global.

A soedade e a masa facendo parte do mesmo monstro.

*Ferrol

Anuncios
About el comunista (67257 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: