Psicópatas no poder en plena pandemia
Trump non ve necesaria unha cuarentena en Nueva York, nin Bolsonaro en Brasil.
Para eles o importante é a economía pero a poboación é prescindible, sobre todo porque esta crisis sanitaria suponse que matará sobre todo aos máis febles e aos máis pobres.
De André Abeledo Fernández
A pandemia que hnxe bate con forza ao primeiro mundo o fará mañá aínda con máis forza e virulencia no terceiro mundo. Xa estamos a ver o que esta acontecendo en Brasil, onde o fascista Bolsonaro segue dando as costas a doentes e mortos ao pesar de ser xa Brasil un dos epicentros da Pandemia.
¿Si Europa non foi capaz de combater con eficacia a crise como o farán en Sudamerica ou en África?.
Donald Trump en plena pandemia continúa endurecendo bloqueos económicos ilegais e nestes momentos tamén irresponsables a paises como Cuba, Venezuela ou Irán, que están como o resto do mundo loitando contra o COVID-19.
Os EEUU bombardean Irak, interveñen en Siria, poñen prezo a cabeza de Nicolás Maduro, presidente de Venezuela, presionan aos países que solicitan médicos a Cuba, o axuda médica a Rusia ou a China para que a rexeiten.
Donald Trump insiste en camar ao novo coronavirus, «virus chino», a modo de insulto ao pobo chino, en vez de tentar de pechar filas para vencer a pandemia que ameaza a toda la poboación mundial.
En Brasil, Bolsonaro permite as misas, exige aos gobernadores brasileños que reabran as escolas, acusa a prensa de “xenerar histeria” e asegura que non hai motivo para quedarse na casa.
Persoalmente, non creo que personaxes tan inefables como Duque en Colombia, can faldeiro de Donald Trump, sexa moito máis fiable a hora de xestionar unha crise humanitaria, ou Lenin Moreno en Ecuador e un bó feixe de gobernantes irresponsables por todo o mundo.
Psicópatas sin escrúpulos, paiasos con poder, racistas e clasistas, ou cans faldeiros de Donald Trump poñen hoxe en perigo a toda a humanidade.
O imperio ianqui en decadencia, descompoñese como no seu momento o fixo o imperio romano, cun Caligula que en vez de durmir có seu cabalo, é un Donald Trump que reúne aos seus mamporreiros, Bolsonaro, Duque, etc…para en medio dunha pandemia tentar de dar golpes de Estado ou utilizar o COVID-19 como arma de guerra para diezmar as poboacións dos paises que se resisten ao imperialismo ianqui.