Comunicado de prensa dos Comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol

Relativo ás prazas para operarias/os e empregadas/os con menos de 3 anos de experiencia na profesión (júnior) NAVANTIA RÍA DE FERROL

Coa apertura do prazo de presentación de documentación aos postos referenciados, detectáronse algúns casos de mensaxes de incidencias informáticas. Para minimizar estes problemas e evitar retrasos no proceso, queremos informar e aclarar o seguinte:

A caixa de correo facilitada (vacantesopem2019@navantia.es) para a recepción da documentación ten limitada a súa capacidade a non máis de 25 MB para recibir documentación, aínda que noutros casos pode ser o propio correo electrónico emisor o que bloquee o envío, se non permite xestionar eses tamaños de documentación.

Para evitar este incidente, a recomendación é que cando haxa que escanear documentos se faga na resolución estándar de correo electrónico (96 ppi) e gardar os ficheiros nun formato que ocupe menos (o ideal é o pdf), ou baixalos píxeles da imaxe dalgunha outra forma (sen que chegue a ser ilexible)

Cando os documentos teñan varias follas, o mellor é xuntalas todas nun único ficheiro pdf (para que todas as follas estean incluídas no mesmo ficheiro, e incluso). No caso de varios documentos que sexan do mesmo tipo, como os contratos de traballo, o desexable tamén é incluílos todos nun único ficheiro.

Se algunha persoa das que non recibiron o correo electrónico dende o enderezo anterior sabe que está na lista de non admitidos, poden consultar o seu perfil de ENDALIA (no portal de emprego de Navantia) para comprobar o enderezo de correo electrónico que aparece alí.

Se nalgún caso houbo algún envío moito menor ó límite de 25 MB da caixa de entrada e a persoa inscrita segue a ter incidentes, aconsellámoslle tomar capturas de pantalla e envialas a calquera ou aos dous correos electrónicos que figuran a continuación, indicando claramente no asunto «captura(s) de pantalla da incidencia da aplicación» para poder filtralos inmediatamente. No corpo de correo electrónico débese indicar claramente o nome, DNI e o incidente.

comiteempresafene@navantia.es ou comisionformacion.fe@navantia.es

Desde estes enderezos de correo electrónico trasladaremos a información ao departamento correspondente para evitar que os candidatos sexan excluídos por estes problemas durante o prazo de presentación de documentación e como consecuencia acadouse coa dirección un aumento de este prazo ata as 23:59 horas do venres día 19 de xuño.

 

About ELCOMUNISTA.NET (71528 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: