Por un estado plurinacioal que supere a Monarquía corrupta e o réxime do 78

O dereito a decidir, o dereito a autodeterminación dos puebos non pode ser cuestionado dende unha posición marxista-leninista. «Non se pode falar de liberdade si antes non se recoñece o dereito dos pobos a separarse da súa metrópoli cando o crean necesario», iso non o digo eu, o dixo Lenin.

Por André Abeledo Fernández

Como comunista o modelo de Estado lenso que debe ser plurinacioal, varias nacións traballando xuntas polo ben común en pe de igualdade.

Debería de ser un feito incuestionable e aceptado cando menos por todalas forzas de esquerda a existencia de nacións dentro do Estado.

Nacións cun idioma propio e unha historia, unha cultura e unha idiosincrasia diferenciadas que fan necesario replantexarse o modelo de relacións, para que ditas relacións entre nacións que conviven e traballann xuntas dentro do Estado español, sexan sempre entre iguais e co máximo respeto mutuo ao feito diferencial.

Claro está que para conseguir ese modelo de Estado temos que superar o réxime do 78 e a actual constitución e tamén algo tan anacrónico como unha Monarquía corrupta que son herencia do franquismo.

Tamén dende a esquerda temos que superar complexos e medos contaxiados, supoño eu, polos 40 anos de franquismo e os que levamos de propina coa falsa transición.

Galiza, Euskadi e Catalunya son claramente nacións, indiscutiblemente tieñen un idioma propio, unha cultura, unha idiosincrasia e unha historia propias dunha nación.

E non recoñecer este feito claro e tanxible é o maior ataque contra a unidade dos pobos que forman o Estado español, é un insulto aos nosos pobos e a nosa intelixencia.

O dereito a audeterminacion non significa a ruptura do Estado español. Porque si somos capaces de sentarnos para falar do necesario cambio de modelo de Estado e da necesidade de superar a constitución nacida da falsa transición, podemos crear a casa de todos en pe de igualdade, fraternidade e solidariedade.

Si conseguimos construir unha República, un Estado plurinacioal, reforzando o Estado do benestar e o respeto entre os pobos que a forman, eso faranos moito mais fortes.

En canto ao dereito de audeterminacion sempre poño un exemplo simple; imaxinemos unha familia feliz, cunha boa vida e unha relación baseada no respeto e no cariño, imaxinemos que viven nun país onde non existe o dereiro ao divorcio e que dito dereito aprobase, esa familia feliz non vai a facer uso do dereito ao divorcio si é feliz polo feito de que exista.

O mesmo pasa cos pobos e o dereito de autodeterminación, si conseguimos que o Estado sexa a casa de todos, cunha relación entre as distintas nacións e pobos baseada na solidariedade e o respeto, porque exista o dereito a autodeterminación ningún pobo  ou nación fará uso do mesmo.

Porque os pueblos son moito mais conservadores que as parellas e non corren o risco de enamorarse  doutra persona.

Un novo modelo de Estado baseado na solidariedade entre os pobos, a xusticia social, a defensa dun estado de benestar capaz de redistribuir a riqueza é polo que deberíamos comenzar a traballar.

About ELCOMUNISTA.NET (71528 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: