Anuncios

A CIG denuncia a actuación discrecional de Mercadona ao retirar o complemento salarial a traballadores de baixa IT

A Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña, ben denunciando nos últimos anos a utilización por parte da empresa da retirada do complemento salarial durante a baixa IT como medida de presión ou castigo cando un traballador que esta de baixa médica e segue as directrices do médico de empresa, normalmente coller a alta voluntaria.

O fai sabendo que dita baixa dase sempre baixo criterios medicos, tendo un seguimento polos profesionais médicos da Seguridade Social.

Médicos que como non pode ser doutra maneira manteñen a baixa mentres o traballador ou traballadora estan enfermos.

Esta é unha práctica normal e habitual en Mercadona a nivel Estatal.

Con estas actuacións parece que Mercadona prefiere un enfermo traballando que recuperandose.

Para a CIG E esta demostrado que a publicidade que dá Mercadona a que paga o 100% do salario aos traballadores de baixa e simple publicidade cara a sociedade, pero é en realidade outra gran falsedade.

André Abeledo delegado de personal do Comité de Cig Mercadona en a provincia de A Coruña denunciará ante o xulgado a Mercadona pola retirada do complemento salarial durante a baixa IT.

Abeledo denuncia a retirada do complemento salarial sen previo aviso por parte de Mercadona estando de baixa e en plena cuarentena polo COVID-19.

Tras comprobar que no mes de marzo tiñanlle ingresado case 300 euros menos de salario, cousa que segue así durante os seguintes meses, Abeledo enviou o seguinte correo a empresa pedindo unha explicación.

«Bó día:

Ánimo e forza contra o COVID-19

André Abeledo Fernández

C-3037

Me dirixo a vostedes para que me informen de cal é o motivo polo que pasei de cobrar 1199,50 euros na nómina do mes pasado, a 869,38 euros neste mes.

Posto que nin as miñas circunstancias, nin a miña actitude de colaboración e compromiso coa empresa cambiaron en nada neste tempo.

En todo caso a nivel persoal e social  complicaronse, como a toda a cidadania por mor da Pandemia e dos seus efectos a nivel persoal, familiar, etc…

É sorprendente que unha empresa como MERCADONA actúe deste xeito en plena crise polo COVID-19 e sen según motivo que eu coñeza.

Adxunto a este mensaxe os recibos de ingreso das últimas nóminas na miña conta, pois no novo modelo de Portal do Traballador, non fun quén de descargar as nóminas correspondentes.

Agardo dende o meu confinamento obligatorio, como o de toda a cidadanía, dunha aclaración urxente do motivo do meu recorte de salario neste delicado momento en que todas estamos a pasar por tempos difíciles.

Ánimo e forza contra o COVID-19

André Abeledo Fernández»

A seguinte foi a resposta da empresa, que dende a CIG consideramos foi totalmente insuficiente:

«Buenas tardes,

El motivo de que haya cobrado una cantidad inferior en la nómina correspondiente al mes de marzo es debido a que la empresa le ha retirado el complemento de prestación de incapacidad temporal que aparece regulado en el  artículo 27 del Convenio Colectivo.

Tal y como podrá constatar en dicho precepto, es necesario que se den una serie de circunstancias para que usted perciba el 100% del complemento del puesto de trabajo. Así pues, en la medida en que usted ha dejado de reunir esas circunstancias la empresa le retiró el complemento de la prestación de incapacidad temporal.

Sin otro  particular reciba un cordial saludo.»

RRHH MERCADONA

Nesta contestación a empresa evita dar unha resposta a cuestión, posto que André Abeledo esta de baixa pola Seguridade Social e en todo momento colaborou cos servizos medicos propios de Mercadona e coa Mutua.

Tamén resulta curioso que a empresa tomase esta decisión días despois que como delegado de persoal contestaba a unhas preguntas da prensa sobre a situación nas tendas de Mercadona en cuarentena, onde Abeledo faciase eco das queixas das súas compañeiras e compañeiros pola falta de medidas de seguridade e de información por parte de Mercadona».

En vista desta actitude da empresa a André Abeledo no lle queda máis solución que denunciar o que considera un abuso e un atropelo.

Dende a CIG animamos a todas as traballadoras e traballadores a facer valer os seus dereitos e denunciar esta situación.

Sección Sindical da CIG de Mercadona en A Coruña

Anuncios
About el comunista (67702 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: