Anuncios

VOX insulta a Castelao en Galiza na súa estratexia de romper la convivencia entre os pobos. E o PP é complice necesario

Ortega Smith chama a Castelao «racista, antiespañol y xenófobo» nos mitines de VOX na Galiza.

De André Abeledo Fernández 

Resulta paradóxico que un racista, xenófobo e fascista atrevase a insultar en plena campaña  electoral a uns dos pais da patria galega.

Hata o PP comprendeu que o único modo de manter o poder na Galiza era non faltar ao respeto as suas señas de identidade nacional e Castelao é unha delas.

Castelao sin dúbida é unha das figuras claves da cultura galega no seculo XX e un dos pais do nacionalismo.

O autor de Sempre en Galiza, foi perseguido polo Franquismo, vendose obrigado a exiliarse e a morrer no exilio fuxindo dun fascismo que o quería morto.

O mesmo fascismo que o houbese asesinado de non terse exiliado, e o que agora atrevese a insultar a súa memoria na súa propia terra, na súa patria, na Galiza.

VOX con este discurso parece aceptar que na Galiza, como no resto das nacionalidades históricas do Estado, non pasarán de ser un detritus residual e utiliza as campañas electorais de Galiza e Euskadi só para provocar.

Pero o PP tamén é culpable de que un enxendro como VOX esté nas institucións, o PP gobierna con VOX onde o necesita e alimenta e blanquea o seu mensaxe de odio de VOX en Andalucía e Madrid compartindo acordos e goberno co monstruo que trata de romper a convivencia entre os pobos do Estado español e buscan o enfrontamento.

Galiza ten unha historia, unha cultura e un idioma propio, somos unha nación.

Agora máis que nunca falar galego na Galiza continúa sendo un acto necesario, atrevome a dicir que hata revolucionario, para seguir sendo.

O noso idioma continua a estar en perigo por acción e por omisión dun goberno da Xunta de Galicia que o menospreza, en vez de defendelo como un tesouro, como parte da identidade do pobo galego, unha parte imprescindible para seguir sendo galegos.

A ultradereita imperial quere impoñer idioma e cultura aos pobos que forman o Estado español.

Casado prometeu relegar o uso do catalán, do galego e do euskera a linguas opcionais. Quere desandar un camiño recentemente aberto en defensa do noso idioma.

O líder do PP, que o é tamén da ultradereita española, propuxo que o castelán sexa vehicular nas aulas e obrigatorio na administración.

O galego foi atacado e aldraxado durante séculos. E hoxe en día en moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

Non fai tanto tempo, practicamente nada no reloxo da historia, durante a ditadura franquista, nos xornais galegos podíase ler en perfecto castelán “no sea animal hable castellano”.

Miña nai contábame como a súa profesora na escola rural non falaba máis que castelán, e como os nenos que falaban en galego eran ridiculizados, e non falo dunha gran cidade, falo da parroquia de “Anca”, unha pequena aldea, entón labrega, onde en todas as casas falábase en galego.

O galego foi sempre a lingua da clase traballadora galega, o idioma da resistencia dun pobo que quería seguir falando o seu idioma para non deixar de ser.

Hoxe en día falar galego na Galiza continúa sendo un acto de reivindicación e rebeldía fronte o nacionalismo casposo herdado do franquismo.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado para recuperarse das feridas de tantos anos de oprobio.

O galego é o noso tesouro, e Galiza é unha nación, un pobo cunha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

Todas as linguas, todos os idiomas, son igual de importantes, naceron despois dun longo proceso e a súa perdida é sempre irreparable.

É importante ter sempre presente, como ben dixo Castelao, que “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.

Galiza é unha nación e un pobo con unha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.

Este novo ataque dende a dereita máis rancia, dende o nacionalismo español de touradas e escopetas, este ataque ao noso idioma baseado en mentiras e falsidades, é unha mostra máis de quen quere realmente romper a convivencia no Estado español é o nacionalismo de herdanza franquista que segue moi vivo na dereita española.

Anuncios
About el comunista (67702 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: