Da ilusión de AGE a nada de Galicia en Común

Lembro agora o comezo de aquel intento de unidade da esquerda galega que significou AGE. Moitos participamos activamente pensando que existía unha posibilidade real de rematar con as maiorías absolutas do PP na Galiza.

De André Abeledo Fernández 

Desgraciadamente non fixemos caso ao noso himno, e un proxecto encamiñado a axuntar as forzas dos bos e xenerosos, mudou nunha axencia de colocación de amigos e afines.

En poucos anos pasamos dunha AGE ilusionante con as súas liortas e contradicións  internas a unha Galicia en Común decepcionante con candidaturas feitas en plan coleguita tomándose un café e pasandose a opinión das poucas bases que quedaban e a súa opinión polo forro.

Galiza non é terreo fácil, durante anos o PP galego entendeu a necesidade de disfrazarse de galeguista para perpetuarse no poder, mantiveron un sistema caciquil baseado en estar en todas partes, dende as Asociacións de Veciños, ata as comisións de festas, o PP ten un entramado social moi potente e engrasado na Galiza.

Por ese motivo a construción dunha alternativa política pasa por estar nas rúas, nos centros de traballo, no día a día da clase traballadora galega.

Precisamos de bos e xenerosos dispostos a traballar pola Galiza e non de imbéciles, escuros e oportunistas en busca dun xeito fácil de gañar a vida.

André Abeledo

André Abeledo

About el comunista (69334 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: