Non é o mesmo dedicar a túa vida a un proxecto político que facer da política a túa forma de vida

«A revolución non se leva nos beizos para vivir dela, levase no corazón para morrer por ela», esta frase do Che Guevara define como ningunha outra a miña forma de entender a política e a de gran parte da esquerda.

Por André Abeledo Fernández

Cando alguén lidera un proxecto que fracasa  estrepitosamente non é necesariamente culpable, pero sí responsable e debe ser o primeiro en asumir responsabilidades e dar un paso atrás, cando menos por un tempo.

O exacalde de Santiago Martiño Noriega abandonóu o acta do concelleiro e regresou ao seu traballo como médico.

O fixo despois do catastrófico resultado de Galicia en Común nas Autonómicas, asumindo que o feito inaudito de pasar de 14 a 0 merece darse como mínimo un tempo para a reflexión.

Na outra punta da ética política atopamos a Gómez-Reino que certificou a súa continuidade no Congreso nun pleno telemático.

En campaña comprometeuse a deixar o acta en Madrid para centrarse na Galiza, pero finalmente votou no pleno no que se debatían medidas económicas poscovid e parece ter decidido seguir no cargo apesar de todo.

Cada un asume a responsabilidade ao seu xeito, pero «dimitir» segue sendo un nome ruso para moitos.

E este tipo de xestos sonche moi feos para a xente de esquerdas e definen ao personaxe.

É para min moi duro despois de xunto a outros camaradas ter traballado moi duro e con moita ilusión polo que foi AGE, e ver agora onde levaron o barco os que non se queren baixar do carro.

André Abeledo

André Abeledo

About ELCOMUNISTA.NET (74997 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: