A falta de medidas terá consecuencias

CCOO Industria da comarca de Ferrol debido ao ascenso de casos positivos de COVID-19 que estamos a atravesar nas nosas comarcas denunciamos a falta de medidas axeitadas á situación que debía estar aplicando a Xunta de Galicia.

Dende CCOO Industria Ferrol entendemos que o fin do estado de alarma tal como denunciaban as Comunidades Autónomas suporía que existisen medidas axeitadas a cada territorio, chegando a poder atender situacións graves con medidas concretas para áreas sanitarias, localidades,… O que estamos a ver é que non se están tomando medidas nese sentido, está ben que se propoñan medidas xenéricas contra o virus, pero sen desatender as distintas realidades de Galicia en canto a casos COVID-19.

A aplicación de medidas estrictas ten consecuencias por suposto, máis a falta delas provoca o espallamento e o aumento exponencial do virus vemos que pode supoñer en poucos días consecuencias no sector industrial, xa tan castigado en Galicia pola falta de política industrial da Xunta de Galicia.

A Área sanitaria de Coruña con 1.114 casos positivos e a de Ferrol con 89 non son independentes, pois levan subindo proporcionalmente estas últimas dúas semanas dun xeito que cumpre tomar medidas xa.

CCOO Industria Ferrol entendemos se pode priorizar a saúde dos galegos e galegas mantendo a actividade económica, ainda que esta sexa un pouco menor para sair desta CAÓTICA situación.

Esiximos á Xunta de Galicia tome medidas canto antes, sen mirar para Madrid, atendendo o que promulgou, pois as consecuencias desta inoperancia as pagaremos tódol@s galeg@s.

CCOO esiximos un Goberno que goberne como se estivésemos na previa a eleccións.

ccoo industria

About ELCOMUNISTA.NET (71865 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: