Galiza é unha nación e o galego é o noso idioma

Tatuaste o nome dos teus fillos en chino e en élfico pero indignaste cando os galegos falamos en galego, os cataláns en catalán ou os vascos en euskera.

Por André Abeledo Fernández

Sin dúbida ninguén esta a facer tanto por fortalecer e facer medrar o independentismo nas naciones históricas do Estado español como o rancio e prepotente nacionalismo español.

Grazas aos españolazos de banderita e pulserita que desprezan ao resto das nacións, que nos tratan como pobos de segunda, que insultan aos nosos idiomas e aos nosos acentos, que negan a nosa historia e miran por enriba del hombro a nosa cultura.

Grazas a esos moi españoles e moito españoles de mentes pechadas e corazóns negros, grazas a súa insultante postura o «que se rompe España» esta asegurado.

Ningún Estado pode ser unha cárcere de pobos indefinidamente e menos un tan podrido a todolos niveis como o Estado español.

Ou cambia o modelo de Estado e imponse o respeto, ou España desaparecerá como tantos outros Estados ficticios ou fracasados ao longo da historia.

Cando un españolazo vai a Portugal ou Italia fai o esforzo por entender un idioma latino irmán.

Pero có galego costalles, como si o considerasen de segunda o creesen que falamos galego por fastidiar.

E non,  o facemos básicamente porque é o noso idioma, estamos na nosa casa e temos dereito a facelo.

Pola miña parte cando escribo en castelán non me causa problema.

E tampouco me sinto ofendido porque alguén me fale no seu idioma.

Aos galegos se nos negou usar o noso idioma durante cuarenta años de dictadura e en diferentes momentos da nosa historia.

Os pobos das nacións que forman parte do Estado español estamos bastante cansos do colonialismo español e da súa prepotencia, xa són demasiados anos de abusos e falta de respeto.

É unha magoa que o tardofranquismo español siga pensando que o Imperio español existe e é o centro do mundo, así lles vai.

¿Seguides sin entender porque falamos galego?.

O facemos por orgullo, xa són demasiados séculos de humillacións e apesar de todo seguimos sendo galegos e seguimos tendo un idioma, unha cultura e unha historia propia.

O facherio español leva insultando séculos, así que danos igual o que nos digan.

Desgraciadamente nese sentido non mudou tanto a cousa.

Eu traballo cara o público, e en relación ao uso do galego na Galiza, os peores neste tema són os turistas que veñen de españolazos, en plan ciudadanos da metrópoli imperial, seguramente votantes e afíns ao trifachito (PP-VOX-CIUDADANOS).

Curiosamente o resto dos turistas moi ben,  gostalles, sorprendelles, o ven como un plus e non como un problema.

E non imos renunciar xamais a ser galegos, ao noso idioma, a nosa cultura e a nosa historia.

André Abeledo

André Abeledo

About ELCOMUNISTA.NET (71865 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: