Conflicto Navantia e Electro Rayma

Ferrol, a 10 de outubro de 2020.

CCOO Industria Ferrol denunciamos as distintas situacións que están a concurrir entre Navantia e Electro Rayma no estaleiro de Ferrol, que entendemos que son unha loita empresarial con diferentes batallas abertas, nas que non nos meteremos na medida en que non perxudiquen aos traballadores por unha ou outra parte.

Dende CCOO defendemos e defenderemos sempre a empresa pública e a xustiza laboral e social, por iso e dende ese punto de vista tomamos posición respecto unha das distintas batallas que están abertas e que poden xerar innecesariamente un conflicto de calado.

Xa o 29 de febrero de 2020 publicamos un comunicado reclamando xustiza para tódolos traballadores de Electro Rayma, pois se estaba a trasladar por parte da Xefatura de Producción a intención de retirarlles traballos que xa teñen adxudicados no AAOR2 dende o comezo da construcción dos AAOR. Houbo un plan de mellora e accións encamiñadas a mellorar a organización, xunto con un gran reforzo de persoal procedente do AAOR1.

O xoves 8 de outubro a Xefatura de Producción de Navantia insisteu en retirarlles parte dos traballos, chegando a trasladar que podería ser efectivo de xeito unilateral.

A día de hoxe temos contrastado que non teñen eivas en canto a non chegar a fitos de entregas, e tódalas probas estanse a producir en tempo, pois @s traballadores/as de Electro Rayma están sacando o traballo adiante. E como argumento

Máis ainda así teñen prácticamente o 100% do tendido do cable feito, están facendo 800 conexións diarias e con posibilidade de incremento por poder adicar máis persoal a este traballo ao acabar o tendido de cable. Si ben é certo que a estratexia constructiva en tódolos buques non permite adiantar traballos, e na maioría de ocasións se depende de que outros gremios teñan finalizados os seus traballos, o cal inflúe moito nos traballos da última etapa de construcción.

Temos claro que o argumento máis xusto e equitativo é que ningún contrato derivado dunha licitación pode romperse con facilidade, senón que require de documentación obxetiva, e neste caso entendemos que é subxetiva derivada da pelea de galos.

Pois ben, CCOO Industria Ferrol entendemos que existe unha loita persoal que poida vir derivada de desavenencias en canto a reclamacións de cantidades das modificacións feitas no AAOR1, pero nós non nos posicionaremos ao respecto dunha loita de cifras, e sí da XUSTIZA c@s traballadores/as. Por iso:

Non aceptamos que se lle retire ningún traballo adxudicado, pois non existe xustificación que respalde dito acto, nin informes que avalen dita postura.

 Esiximos se rebaixen os egos e facemos responsable á Xefatura de Producción do conflicto que se xenerará se levan a cabo a retirada de traballos xa contratados.

 Responsabilizamos das consecuencias que poidan sofrir @s traballadores/as.

Agardamos que a solución sexa o diálogo e non o conflicto, pois este último sí sabemos que non adiantará os prazos.

O xoves 8 de outubro tuvieron lugar as eleccións de ACCIONA Ferrol, nas que CCOO tivo un resultado exitoso producto do traballo que ven realizando sempre no día a día e nos grandes conflictos cando se lle presentan. 

CCOO…… 6 Delegados

CIG………..1 Delegado

UGT……….1 Delegado

Seguiremos traballando do mesmo xeito correspondendo á confianza depositada en CCOO e damos ás grazas a tódolos traballadores polo nivel de participación.

About el comunista (68339 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: