Conflicto Navantia-Electro Rayma

Dende Esquerda Unida de Narón queremos denunciar as represalias que están aplicando dende Navantia a Electro Rayma derivadas de diferenzas respecto ao valor das modificacións feitas no buque AAOR1. Esa batalla non pode supoñer represalias como quitarlle parte dos traballos contratados que ten do buque AAOR2.

Esquerda Unida defende e entende a empresa pública como a empresa de referencia que debe ser símbolo de xustiza e exemplo social e laboral, polo tanto estos valores non deben ser vulnerados por ningunha das partes.

Temos coñecemento de que non é a primeira vez que se queren tomar represalias e só agardamos que se reconduzan as actitudes da empresa pública para non retirar inxustamente os traballos. Pois as nosas fontes nos indican que non existe xustificación real para retirarlles traballo a esta empresa local do noso entorno.

Debemos destacar que xa é bastante débil o tecido empresarial da nosa contorna, e debemos poñer en valor as empresas locais que garantizan unhas condicións dignas para @s traballadores/as e veciños da nosa localidade e comarca.

Temos claro que dende Esquerda Unida Narón defendemos e defenderemos aos traballadores/as e as condicións dignas dos mesmos, e neste caso tamén a XUSTIZA, pois a Lei de Contratación Pública de 2017 non da a posibilidade de retirar traballos inxustificadamente cando unha empresa non ten incumprimentos de calado.

Entendemos que existe unha loita persoal que leva a tensar esta situación, e dende Esquerda Unida de Narón invitamos ao diálogo e á altura de miras, pois as consecuencias só as sufrirán @s compañeiros/as traballadores/as.

O plantel desta empresa ten unhas condicións dignas, producto tamén da loita sindical que é característica do Sector Naval en Ferrol, e producto dos distintos Comités de Empresa que tiveron e teñen de distintas cores. Non dubidamos de que darán a resposta axeitada se a Dirección de Navantia non recapacita. En Esquerda Unida de Narón estaremos ao carón destes compañeir@s.

A nosa posición é ben coñecida ao respecto da empresa pública e moitos dos males pasados, presentes e futuros teñen solución:

 Plantel indefinido axeitado a producción.

 Bolsa de emprego directo, que elimine intermediarios e garante as condicións de tódolos traballadores/as.

 Cumprimento estricto do Estatuto dos Traballadores en canto a horas extras, que provocaría que desaparecese o paro da nosa comarca, mentras outros fan longas xornadas.

ESQUERDA UNIDA de Narón pola XUSTIZA SOCIAL E LABORAL

About el comunista (68381 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: