Na Galiza en galego para seguir sendo galegos

Decir que o castelán está en perigo na Galiza é mentira, é faltar ao respeto ao pobo galego insultando a nosa intelixencia.

Vivimos nunha sociedade onde o castelán ocupa casi todo o espazo, todas as canles de televisión menos a TVG falan en castelán, todos os xornais estan escritos en castelan, os cartazes dos supermercados, os programas de radio, os videoxogos, o castelán segue a estar nunha situación de ventaxa na Galiza. 

Canto medo ten o fascismo ao noso idioma, ao galego, ao catalán ou ao euskera. Que medo teñen a igualdade e a diversidade.

O galego era a lingua máis importante da Península no século XIII. Levamos oito séculos de resistencia heroica en defensa do noso idioma.

Todos os idiomas són patrimonio da humanidade, són un tesouro que nos enriquece, non hai idiomas de primeira e de segunda categoría. 

Por desgraza o PP goberna en Galiza, pero realmente só utiliza o galego como enfeite e para gañar eleccións. 

Porque na prática trabalha contra o galego e non fai nada para protexer o galego e impedir que nun par de xeracións este en perigo de extinción.

O Comité de Expertos do Consello de Europa afeou la política lingüística da Xunta por incumplir e entrar en contradicción cos compromisos da Carta Europea das Línguas Rexionais e Minoritarias, aque Galiza sumouse en 2001. O cuarto informe sobre o cumplimento do acordo internacional censura o decreto del plurilingüismo, que regula o uso do galego na ensinanza e que Feijóo trouxo baixo o brazo cando chegou a San Caetano tras arremeter contra a normativa do bipartito.

Según o Consello de Europa, o decreto está «claramente en contradicción» cos compromisos do acordo, ao reducir o peso da lingua galega hata un máximo dun tercio do horario lectivo, o que contrasta co compromiso de elevala hata ser o idioma «predominante» no sistema educativo.

Respecto ai estado da lingua, o informe indica un «bo ou moi bo» nivel de coñecemento, dado que o 95 por cento dos ciudadans entenden o galego, un 89 por cento o fala, un 83 por cento o lee e un 58 por cento o escribe.

O informe europeo também denuncia as carencias por mor das políticas tanto da Xunta de Galiza, como do menosprezo das instruccions dependentes do Goberno Central cara o idioma da Galiza.

No ámbito xudicial, teñen detectado carencias no uso do galego, instando as administracións españolas e galegas a introducir os cambios lexislativos necesarios para permitir o desenrolo dos procesos en galego.

Também detectaron situacións nas que a Administración do Estado rexeitou documentos redactados en galego citando o caso dos estudantes que presentaron os seus certificados no noso idioma.

Ou unha «inadecuada proporción» de textos e formularios a disposición en idioma galego.

O Comité de Expertos incide, ademáis, na necesidad de potenciar as posibilidades aos falantes en lingua galega de ser atendidos no su propio idioma na administración sanitaria.

Desgraciadamente ante estas reclamacións europeas de respeto e cuidado do idioma galego, atopamos que temos o enemigo na casa e aos mandos do goberno da Xunta.

Galiza é unha nación e un pobo con unha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.

Debemos seguir sendo, para ser precisamos do noso idioma, falar galego nos fai galegos, protexer o noso idioma, a nosa cultura e lembrar a nosa historia, nos fai galegos. 

About ELCOMUNISTA.NET (71865 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: