Tanto monta, monta tanto, Isabel como Feijóo
Feijóo un Ayuso con mellores formas pero co mesmo fondo.
Feijóo fala de salvar a campaña do Natal, cando o que hai que salvar són vidas, cando o que precisamos é salvar a sanidade pública. Feijóo fala de economía cando falamos de vida.
Por André Abeledo Fernández
Galiza conta con ventaxas a hora de loitar contra o COVID-19, a máis importante é a dispersión da poboación e unha certa disciplina casi xenética de gran parte da poboación.
O pobo galego sempre estivo moi por enriba do seu goberno en momentos de crisis.
Núñez Feixoo e Díaz Ayuso traballan xuntos a hora de entorpecer. As persoas que na esfera da dereita ou da esquerda agora se sorprenden pola negativa do mandatario galego a confinar Madrid ou polo seu apoio fechado á postura da presidenta madrileña non deben esquecer que Feixoo é un dos dirixentes do PP máis próximos a Ayuso.
Defendeu manter aberto Madrid, malia que as vagas de residentes desa comunidade operaron como o principal factor de expansión do virus na Galiza.
Feixoo expresou as súas dúbidas sobre as restricións que formulou o Goberno do Estado, distanciándose doutros dirixentes territoriais do seu partido e ficando outra vez só a carón da presidenta madrileña.
Defenden o mesmo modelo privatizador da sanidade pública e poñen a economia por diante da vida.