A prioridade é loitar polo futuro da comarca
CCOO Industria da comarca de Ferrol vemos demagóxico e oportunista o anuncio da “intención” de convocatoria a outros sindicatos que comunicou a CIG á prensa.
CCOO estamos en diversas loitas conxuntas e nas que, como non pode ser doutro xeito, priorizamos a unidade de acción sindical como pedra angular da forza da clase obreira. Confluímos e consensuamos medidas e accións a diario na loita polo futuro da comarca nos distintos ámbitos e empresas.
Flaco favor significa querer sacar protagonismo dunha situación como a que vivimos na nosa comarca e impropio da lealtade coa que se debe traballar para o éxito colectivo.
CCOO estivemos coordinándonos para confluir as loitas da nosa comarca e sabemos da necesidade de reclamar xuntos o futuro para a nosa comarca e así imos facer con compañeir@s xa coordinados para a loita.
Para CCOO Industria Ferrol é imprescindibel demostrar a unión e a gravedade da situación no que a industrial se reflexa, pois as situacións de Navantia, Endesa e Gamesa supoñen o que pode ser o futuro da nosa comarca e a prosperidade ou precaridade que pode derivar de como se resolvan as distintas situacións.
Temos proposta para tódalas situacións tal como vimos desenrolando e confeccionando en cada un dos conflictos e xa dende fai moito tempo porque víanse chegar.
Estamos nun punto de non retorno e sen aposta polas renovabeis, pola transición enerxética xusta, inversións e carga de traballo para o naval e eólico toca pasar á ofensiva.
Temos que revertir o futuro e loitaremos como esta comarca sabe loitar, a base industrial da comarca da que depende toda a cidadanía directa ou indirectamente necesita solucións de futuro.
Ferrol, a 14 de novembro de 2020