Comunicado de prensa

Os Comités de Empresa de Navantia Fene e Ferrol, en nome dos traballadores/as de Navantia, queren expresar o seu máximo apoio a tódolos sectores que están resultando tremendamente afectados pola crise sanitaria do Covid-19.

Sectores como a hostelaría, o pequeno comercio, os transportistas e un largo etcétera, nomeadamente os seus traballadores e traballadoras, están nestes momentos pagando inxustamente as terroríficas consecuencias da crise sanitaria. Non son só empresas, detrás de cada unha delas hai familias que temos que ter en conta e protexer pois son o presente e o futuro da nosa comarca.

Se á situación actual lle engadimos a crise na que están sumidas as grandes empresas tractoras da zona, como é a nosa con unha previsión de falta de traballo de cara aos dos próximos anos, o futuro que se dibuxa na comarca de Ferrol prevese moi escuro.

Urxe unha solución definitiva para esta comarca, historicamente denostada.

O vídeo da mobilización do pasado xoves 12 coa colocación dos buzos e as pancartas:

About ELCOMUNISTA.NET (71865 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: