Ferrolterra en pé polo futuro das comarcsas

CCOO Industria Ferrol, como xa denunciamos nas últimas roldas de prensa e dende que comezamos as mobilizacións polo futuro en Navantia, Siemens e Endesa, esiximos:

  • Carga de traballo inmediata que dote ó estaleiro de Navantia Ferrol de traballo ata o comezo das F-110, tendo en conta o retraso que este proxecto acumula por decisións políticas, incrementado tamén pola desorganización e a falta de recursos.
  • Inversións que garantan a transformación hacia o Estaleiro 4.0, principalmente un dique cuberto, pilar fundamental para a construcción naval no futuro.
  • • Aposta clara pola fábrica de Turbinas en torno as enerxías renovabeis, tales como a eólica tanto terrestre como mariña, asumindo as nosas propostas, plantexadas na “Xornada de Transición Enerxética” que esta Federación organizou o pasado 15 de xullo no CIS de A Cabana.

Neste censo, Turbinas, a central de As Pontes e a planta de Siemens Gamesa en As Somozas teñen solución, sempre que exista intención política polo futuro industrial en Galicia, en concreto no sector das enerxías renovabeis.

Dende CCOO Industria levamos demasiado tempo esixindo, tanto á Xunta de Galicia como ó Goberno Central que traballen na construcción dun futuro industrial digno para as nosas comarcas, dando solucións para as situacións de As Somozas, As Pontes e Ferrolterra.

O 2021 marcará o futuro industrial de Galicia. As comarcas que non aproveiten os recursos económicos, tanto nacionais como europeos, na súa reindustrialización, na transformación dixital e no compromiso polas enerxías limpas, estará condeada a fracasar económicamente.

Dende CCOO non deixaremos pasar este tren, e por iso levamos tempo coordinando os conflictos para confluirmos en accións sindicais consensuadas. A nosa industria está preparada para responder ante a incompetencia e inoperatividade das administracións. Así mesmo priorizamos que se acade o consenso e o éxito das mobilizacións por riba da declarancion de intencions con afán de protagonismo

“A COMARCA LOITARÁ COMO SEMPRE POR UN FUTURO DIGNO”

Ferrol a 18 de novembro de 2020.

About ELCOMUNISTA.NET (71645 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: