Comunicado dos Comités de Empresa de Navantia Fene-Ferrol
Desde os comités de empresa de Navantia de Fene e de Ferrol queremos amosar o noso máis enérxico rexeitamento ó desenvolvemento do proceso de selección de persoal operario e empregado júnior.
Hai que ter en consideración que as bases da convocatoria falan de 3 fases, cada unha delas eliminatoria, e onde a primeira foi unha proba teórica, a segunda unha proba psicotécnica e a terceira unha proba teórico-práctica onde “se cubrirán las plazas con los candidatos que obtengan mayor puntuación en la 3ª Fase“.
A representación dos traballadores non entendemos, nin imos consentir, que non se cumpra estritamente a orde de puntuación da terceira proba, en cumprimento das bases.
Navantia Fene-Ferrol, 20 de novembro de 2020