Feijóo un Ayuso na Galiza que descoñece a realidade galega

Na Galiza podemos ir a cazar pero ao supermercado non. Feijóo pensa que estamos en Madrid e que en cada rúa temos unha tenda.

De André Abeledo Fernández

Que lle digan a Feijóo que non estamos en Madrid e que en nalgunhas localidades casi non temos nin tendas de alimentación. 

Feijóo amosa ser un descoñecedor da realidade galega, un Ayuso en potencia e indecencia.

Feijóo declarase irresponsable ante o novo repunte dos contaxios do COVID-19. E ten razón é un auténtico irresponsable. 

Porque un Presidente da Xunta de Galicia non é alguén que pasará por alí, ten as atribucións sobre sanidade e a obrigación de tomar decisións coherentes tendo en conta a idiosincrasia da nosa nazón. 

Feijóo recoñece o erro do Natal: «Hubiera sido mejor no hacer ninguna aproximación familiar»

O presidente da Xunta asegura que a súa decisión de permitir viaxes entre localidades perimetradas e festas con membros de varias unidades tomóuse «de acuerdo con los datos que se tenían». 

Algo que é mentira posto que toda a comunidade científica avisaba do que ia a acontecer e o señor Feijóo decidía ata que os nenos non computasen a hora das reunións familiares. 

Os absurdos peches perimetrais «individuais» do señor Feijóo castigan tanto aos Concellos abertos como aos pechados, posto que en alguns Concellos «abertos» ou «pechados» non temos apenas comercios para a compra de alimentos y pechanse as localidades sin ter en conta as comarcas. 

De coñecer Galiza o Presidente da Xunta, o señor Feijóo, debería ter en conta as «comarcas», pois como sabemos os galegos as nosas vidas fanse máis a nivel comarcal que municipal. 

Agora disparanse as mortes e os contaxios e Feijóo na Galiza endurece as restricións. 

Soben aínda máis as restricións con 55 novos concellos con máximas limitacións á mobilidade.

Faino tarde, mal e a rastras. 

Doe ver como enténdese como un precio asumible pola sociedade a morte de veciños, amigos ou familiares a cambio de celebrar o Natal, ir de festa ou facer botellóns. ¿Que clase de sociedade temos construido?.

Dende uns dirixentes políticos dedicados a facer equilibrismo entre economía e vida, asta cidadáns insolidarios, irresponsables e manifiestamente estúpidos que engloba dende unha parte da xuventude dexenerada e sin empatía aos negacionistas. 

Pueis nada feliz posfesta, agora a pagar o inxustificable prezo da irresponsabilidade.

About ELCOMUNISTA.NET (73220 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: