Nota de prensa. 25 de febreiro folga xeral

Dada a situación de emerxencia social e económica que están a padecer as nosas comarcas, os sindicatos CIG, CCOO e UGT, tomamos a decisión de facer un chamamento a toda a clase traballadora e a cidadanía, a secundar unha XORNADA DE FOLGA XERAL nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal o vindeiro 25 DE FEBREIRO.

Son os propios acontecementos os que nos levan a esta convocatoria, acontecementos dos cales viñamos alertando, e mesmo denunciando a través de mobilizacións como a cadea humana do pasado día 17.

Hoxe podemos afirmar que as nosas análises por desgraza estanse a cumprir, Endesa sen alternativa, Gamesa pechada na práctica, o Naval sen carga de traballo algunha, o peche continuo de empresas e negocios, etc. Coa consecuente perda de postos de traballo e recursos económicos e sociais.

Unha situación que necesita de solucións urxentes, e estas existen e ademais están mais que discutidas e plasmadas en centos de documentos, polo tanto está no tellado, tanto do goberno galego coma do goberno central poñelas en marcha.

Esa é a nosa esixencia, non caben máis demoras, non caben máis debates estériles, solo cabe actuar, e iso e o que demandamos, carga de traballo para o naval, unha transición ecolóxica xusta, sen perda de postos de traballo, proxectos de enerxías renovables que leven acompañados proxectos industriais, infraestruturas que nos deben dende fai décadas, inversións que atarían proxectos industriais, plan integral da ría que faga revivir o sector marisqueiro, así como o apoio a os servizos públicos ( sanidade) etc.

Os sindicatos témolo claro, non imos parar ata ter feitos concretos, acabouse o tempo das promesas e das milongas.

Non estamos dispostos a asumir que as nosas comarcas morran por inanición, non sen pelexalo, e por iso o noso chamamento a Folga Xeral, ferramenta dura pero necesaria, xogámonos o existir ou non esixir, xogámonos poder compartir a vida cos nosos fill@s e veciñ@s ou asumir que teñen que emigrar, xogámonos un dereito fundamental, poder vivir e traballar dignamente na nosa terra, e como tal dereito temos que defendelo.

Ferrol, 20 de xaneiro de 2021

Manuel A. Grandal                          Santiago Díaz                              José A. Díaz

Secretario CIG                                 Secretario CCOO                        Secretario  UGT

About ELCOMUNISTA.NET (72982 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: