Ser de esquerdas son feitos non desculpas

Si algo demostrou a Pandemia do COVID-19 é que cando unha crisis colapsa o sistema solo o Estado, o público pode rescatar ao sector privado e ao propio sistema capitalista. 

De André Abeledo Fernández*

Ao carallo vanse as teorías neoliberais, o libre comercio e a falacia de que a economía contrólase a si mesma e ten a súas propias leis cando veñen mal dadas. 

Por todo esto a aposta polo público debe ser clara, sobre todo cando falamos dende a esquerda. 

A nacionalización do sector enerxético, uns servizos básicos públicos e de calidade, a sanidade, a educación, unha Banca pública que faga fronte aos abusos da Banca privada deben ser algo prioritário. 

Un goberno de esquerdas non pode permitir os 6300 millóns de euros de beneficios e que as empresas eléctricas sigan falando de déficit tarifário. Ante o abuso, EXPRÓPIESE!.

Basta xa de miserables que sembran miseria xogando con a vida da cidadanía. NACIONALIZAR a enerxía e os servizos básicos por xusticia social.

Un goberno realmente de esquerdas debe combater os abusos da BANCA que quere manter beneficios sangrando aos seus clientes con comisións e cargos inxustos. Namentres pechan sucursais e despiden traballadoras e traballadores para aumentar os seus benefícios. 

Unha BANCA rescatada con diñeiro público e que lonxe de devolver o diñeiro do rescate continua «abusando» e facendo «trampas » aos seus clientes, a quenes os rescatamos.

65.725 millóns de euros. É a cantidade total «inxectada ao sector financeiro» (a maior parte, o 82,7% provén exclusivamente de fondos públicos, 54.353 millóns de euros).

Deles, estímase que sólo poderemos recuperar uns 14.000 millóns. E esto esperando que non chegue outro día o Banco de España e volte a cambiar a cifra, porque a cruda realidade é que ata agora o importe recuperado foi soamente de 4.477 millóns de euros, o 6,81% do total inxectado ao sector.

Un goberno de coalición non deixa de ser un goberno, dous partidos que deciden gobernar xuntos non son dous gobernos, por eso ambos son responsables do que fan e tamén do que non fan.

Son as cousas de formar parte dun goberno, para o bon e para o malo, desgraciadamente non existen términos medios, como dixo o Che Guevara «a moderación e as medias tintas son a antesala da traición».

Neste sentido o ala esquerda deste goberno de coalición debe buscar o apoio da clase traballadora e das organizacións que a representan.

Especialmente dos sindicatos de clase e doutras organizacións de esquerdas, para apertar e arrastrar a parte máis reaccionaria do goberno para que se tomen medidas reais contra os abusos das grandes multinacionais e o sector bancario. 

Non facelo solo beneficia a aqueles que seguen facendose pasar pola «esquerda» cando son simples ferramentas das oligarquías para que nada cambie. 

*(Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).

About ELCOMUNISTA.NET (72875 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: