¿A Comisión Europea traballa para as farmacéuticas ou para os pobos de Europa?

Os laboratórios farmacéuticos son grandes multinacionais, son empresas que solo buscan beneficios ¿A Comisión Europea traballa para as farmacéuticas ou para os pobos de Europa?

De André Abeledo Fernández*

Uns laboratórios farmacéuticos que como no caso de ASTRAZENECA véndese ao mellor postor e usan diñeiro público nas súas investigacións para logo quedarse coas patentes e seguir con o abuso.

A Comisión Europea e as farmacéuticas teñen negociado uns contratos oscuros, secretos e que deixan claro que quen manda son as empresas privadas e non os gobernos. Non temos nin soberanía sanitaria.

O capitalismo é salvaxe, a barbarie do capitalismo amosamos unha vez máis a súa monstruosa faciana embrutecedora.

Namentres ao outro lado do océano un país de 11 millóns de habitantes prepara 100 millóns de vacunas.

Outro logro xigante de Cuba Socialista. Unha vez máis Cuba é un exemplo para o mundo, 100 millóns de dosis da súa vacuna SOBERANA para salvar vidas e ser exemplo de solidariedade internacionalista. 

Como dixo Fidel Castro, «unha pequena illa e unha gran revolución», Cuba demostranos que a investigación en mans dun Estado soberano é capaz de agasallar saúde ao mundo. 

Tamén temos a vacuna rusa SPUTNIK V que é máis barata e ademáis máis fácil de conservar e transportar.

Ata Hungría pasouse polo forro a Unión Europea e vai vacunar coa SPUTNIK V aos seus cidadáns. 

As vacunas chinas tamén dan tantas garantías como as contratadas pola Comisión Europea. 

¿Non será que a Comisión Europea traballa para os laboratorios farmaceuticos e defenden intereses espúrios e non os intereses dos povos de Europa?

*

André Abeledo Fernández 
About ELCOMUNISTA.NET (73054 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: