Ferrolterra volveu a ser exemplo práctico de loita obreira. A folga xeral a ferramenta máis importante da clase traballadora

Unha vez máis a nosa Comarca saíu as rúas para reclamar xustiza, empregos dignos, o cumprimento das promesas dos distintos gobernos de industrialización despois do desastre económico que supuxo a brutal reconversión que nos esta a levar a desaparición e condena ao noso pobo a emigración ou a pobreza.

De André Abeledo Fernández*

Con consignas claras esixindo a Xunta de Feijóo e ao goberno de Sánchez que paguen a débeda histórica que teñen con a nosa Comarca, esixindo unha solución para Ferrolterra e defendendo a importancia da industria como motor dunha economía que foi destruída por decisións políticas que prometian un Plan para a nosa Comarca que nunca chegou a ser cumprido.

Ferrolterra non pode ser unha cidade de servizos, non podemos subsistir sin empresas de alto valor añadido que permitan crear empregos de calidade capaces de reactivar a nosa economía e rematar coa sangría que levou a nosa Comarca a ver como millares de persoas tiveron que emigrar para poder sobrevivir.

Queremos traballar e non mendigar ou emigrar, queremos que cumpran a palabra dada durante décadas a todo un pobo.

A folga xeral o día 10 de Marzo día da clase obreira galega foi a un aviso a un goberno que di ser de esquerdas de que a nosa Comarca segue a ser un exemplo de loita, segue a ser vangarda e punta de lanza da clase obreira galega.

O 10 de Marzo honramos a memoria de Amador e Daniel asasinados polas forzas de represión franquista un 10 de marzo de 1978 cando participaban dunha xornada de folga histórica do sector Naval que rematou con os nosos compañeiros asasinados, con decenas de feridos e detidos, máis tamén cunha vitoria histórica da clase traballadora e un exemplo eterno da forza que ten a clase traballadora movilizada e organizada.

Esta folga xeral debe servirnos como punto de inflexión para sindicatos de clase como a CIG dispostos a continuar dando a batalla ata vencer. Ata conseguir o que é noso por dereito, ata recuperar todo o que nos roubaron.

Nin a Pandemia, nin a esaxerada presencia policial nas nosas rúas impediron que traballadoras e traballadores con conciencia de clase participasemos dos piquetes informativos, votandolle moito valor con a espada de damocles dunha «lei mordaza» que mantén a brutal situación de ter obreiros na cadea mentres vemos aos corruptos na rúa.

Una «lei mordaza» e unha reforma laboral do Partido Popular que prometeron derrogar os que hoxe ocupan o goberno en Madrid, máis outra promesa incumplida para con a clase traballadora.

Pero nada pudo evitar que unha vez máis Ferrolterra berrase puño en alto «folga xeral» e o «aquí está, aquí se ve, a clase obreira galega en pé».

Que viva a folga xeral!
Que viva a clase traballadora!
Ferrolterra solución xa!

*Delegado de persoal da CIG en Mercadona.

About ELCOMUNISTA.NET (74308 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: