Nota de prensa do Secretario Comarcal de CCOO de Ferrol

Ante a falta de diálogo das administracións públicas, Xunta de Galicia e Goberno Central, e en termos da demanda da plataforma constituída polos sindicatos CCOO, UGT, CIG e as  Asociacións de Empresarios e Alcaldes dos 20 Concellos que compoñen as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. E, por dar continuidade ás mobilizacións da sociedade visibilizada e manifestada  na Folga Xeral Comarcal do 10 de marzo. Os sindicatos, tomamos a iniciativa de esixir do Ministerio de Defensa, a transformación do buque “GALICIA” nos asteleiros de Navantia para rematar coa ausencia na actualidade de carga de traballo.

Adxuntamos copia da comunicación presentada no Ministerio de Defensa cunha copia enviada á Presidencia do Goberno de España.

Do mesmo xeito, emprazamos á Xunta de Galicia e á Delegación do Goberno de Galicia para manter un diálogo sobre os proxectos e investimentos específicos que poñan freo a este declive industrial e social. Que non merecen ser tratos con esta indiferenza polos seus gobernos.

Ferrol, 23 de marzo de 2021

ESCRITO DEFENSA

About ELCOMUNISTA.NET (74497 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: