Sionismo e NAZISMO dous caras da mesma moeda. Palestina un xenocidio silenciado

Israel ten un dos exércitos máis potentes do mundo, conta con casi 4000 tanques, Palestina non ten ningún, cuns 400 avións militares, Palestina ningún, co mellor escudo antimisiles que esixte, Palestina esta desprotexida.

De André Abeledo Fernández*

O poderío militar de Israel e os medios de que dispón son infinitamente superiores aos que pode ter ao seu alcance o pobo palestino. 

Por iso cando falamos de guerra, ou de enfrontamento mentimos, é como si un loitador profesional de máis de 100 kg de peso dese unha paliza a un neno de 4 años e dixesemos que foi unha pelexa xusta.

O sionismo é unha ideoloxía totalitaria e racista que considera a Israel o pobo elexido por Deus e entende ntiende que iso os fai superiores ao resto.

Baixo a creencia sionista da superioridade, de ser os escollidos por Deus, Israel leva a cabo en Palestina unha política xenocida, coa que tentan por tódolos medios ao seu alcance de expulsar da súa terra ao pobo palestino ou de exterminalos si se resisten ao ser condeados ao exilio obrigatorio. 

O sionismo non ten moita diferencia na práctica co NAZISMO, consideran aos palestinos un pobo inferior e neganlles a súa humanidade tratandolos peor que a animais. 

Como a Alemaña NAZI fixo co pobo xudeu, Israel aproveita a súa infinita superioridade militar para reprimir, castigar e asesinar ao pobo palestino, sen diferenciar entre homes, mulleres ou nenos.

Israel bombardea hospitais, escolas e edificios coa mesma brutalidade que os supostos obxectivos militares, non diferencian entre obxectivos civís e militares porque para Israel o obxectivo é barrer do mapa ao pobo Palestino. 

Israel desoe tódalas resolucións internacionais e continúa o xenocidio dun pobo co silencio complice das organizacións internacionais e sin que ninguén faga nada para deter a barbarie. 

O xenocidio NAZI, o holocausto, é unha vergoña hoxe para a humanidade, como o vai ser mañá ter permitido o xenocidio e a limpeza étnica feita por Israel contra o pobo palestino.

Palestina un xenocidio, unha pandemia e un pobo abandonado pola comunidade internacional. 

Hoxe en Palestina sobrevivir segue sendo resistir.

Continúa o silencio complice ante a barbarie, os gobernos calan e outorgan, o pobo palestino necesita aos pobos do mundo para denunciar o xenocidio. 

A agresión contra o pobo palestino é constante e cada agresión constitúe unha nova traición, outro abuso por parte do imperio ianqui o seu can de presa o sionismo. 

Israel continúa facendo ouvidos xordos a tódalas resolucións internacionais.

Donald Trump xa se encargou antes de abandoar a rastras a Casa Blanca de recoñecer unilateralmente a Xerusalén como capital e territorio de Israel.  

Vemos claramente ata qué punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington en canto as súas políticas en Palestina e Oriente Medio. 

Unha vez mais reganse as rúas de Palestina con sangue inocente e novas humillacións ao pobo torturado de Palestina.

¿Donde están llos organismos internacionais encargados de defender os dereitos humanos?, como sempre solo están canto aos que mandan lles interesa. 

Xa nin a pensan facer o paripé de respetar certos límites, ou disimular o abandono das súas funcións. 

¿Quen responderá por tódala sangue derramada?. Ninguén resposta pola sangue dos ninguen, dos olvidados. 

Ninguén dirá nada poos nenos que van ser asasinados, po tódolos detidos e torturados, polas familias destrozadas, polas casas demolidas, polas detencións arbitrarias. 

¿A comunidad internacional volverá a dar as costas ao horror? 

¿Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?

Pois sí, unha vez máis miraran cara outro lado, se cadra nesta ocasión a disculpa sexa a pandemia.

Non podemos gardar silencio ante a barbarie, si os gobernos calan e outorgan, os pobos debemos berrar e apoiar a resistencia do pobo palestino.

Hoxe en Palestina sobrevivir segue sendo resistir. 

*

André Abeledo Fernández
About ELCOMUNISTA.NET (76405 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: