A chantaxe de Marrocos ó Estado español e a traizón do Estado español ó Sáhara Occidental

Na cuestión do Sáhara Occidental e as relacións con Marrocos existen dúas opcións, ou ser valentes e honestos recoñecendo a débeda histórica co pobo saharaui, ou seguir sendo cobardes e traidores aceptando a chantaxe da dictadura marroquí. O Sáhara está ocupado ilegalmente por Marrocos e o Estado español é culpable  desa situación por acción e omisión.

De André Abeledo Fernández*

Marrocos pon agora como disculpa para esta nova chantaxe que o líder do Frente Polisario e presidente da República Árabe Saharaui Democrática (Rasd), Brahim Gali, de 73 años, atopase hospitalizado no Estado español “por razóns estrictamente humanitarias”, segundo o Ministerio de Asuntos Exteriores. 

A realidade é que o Goberno de Marrocos utiliza o drama da emigración do seu propio pobo como arma contra o Estado español e contra Europa para tentar de obrigar a recoñecer a súa soberanía sobre o Sáhara Occidental. 

Donald Trump deixou como agasallo envelenado xusto antes de irse da Casa Blanca o recoñecendo unilateral da soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental e o fixo como contrapartida a Marrocos por recoñecer e entablar relacións amistosas con Israel. 

España ten traizoado ao pobo saharaui unha e outra vez para contetar a dictadura marroquí. 

Apesar de que varias resolucións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas piden dende fai casi vinte anos a celebración dun plebiscito pola autodeterminación do pobo saharaui.

Un goberno «progresista» que di basar ó seu goberno na xustiza social, ten o deber de ser xusto tamén coa débeda histórica que o Estado español ten co Sáhara Occidental.

Unha vez máis vivimos a chantaxe que veñen facendo Marrocos a España cada vez que lle interesa, «si perxudicas os nosos intereses abrimos o grifo da inmigración», ou «deixamos de actuar contra o yihadismo».

¿Ata cando imos a soportar a chantaxe de Marrocos?, ¿ata cando imos a mirar cara outro lado diante da ocupación ilegal e a represión no Sáhara Occidental?

Temos unha débeda histórica co Sáhara Occidental, o Estado español os ten traizoado demasiadas veces. É tempo de facer o correcto, de ser xustos e de ter memoria histórica.

Un pobo que vive separado polo muro da vergoña máis longo do mundo, reprimidos na súa propia terra e desterrados no deserto  do Sáhara en Alxeria.

Un pobo empuxado a loitar porque as resolucións internacionais que obrigan a facer un referéndum de autodeterminación non se cumpren, porque levan decadas agardando xustiza e libertade.

Segundo a legalidade internacional, España segue sendo a potencia administradora do territorio ata que se peche o proceso de descolonización, mediante un referéndum de autodeterminación. Marrocos, polo tanto, é únicamente a potencia ocupante, a que desenrola a administración do Sahara Occidental pola forza, mediante a represión, sin que ningún estado membro de Nacións Unidas teña recoñecido a día de hoxe a súa soberanía sobre o territorio.

O Estado Español é, polo tanto, responsable de todo o que aconteza no Sahara Occidental e debe impulsar a celebración do referéndum de autodeterminación canto antes.

Porque son os intereses económicos e xeoestratexicos os que fan que España, Europa e o mundo miren cara outro lado cando Marrocos fai ouvidos sordos as resolucións internacionais e reprime ao pobo saharaui con total impunidade.

Ademáis a pandemia do COVID-19 e a crisis económica teñen feito que a axuda humanitaria aos campamentos se teña reducido drásticamente, tendo duras consecuencias para a población. Debemos impedir que a xestión desta crisis leve por diante da cooperación internacional, pero máis especialmente, debemos exigir que as axudas ao pobo saharaui convirtanse nunha prioridade para o goberno do Estado Español, dada a enorme responsabilidade que teñen  neste conflicto.

Non máis chantaxes, non máis traizóns.

¡Viva o Sáhara libre!

*

André Abeledo Fernández
About ELCOMUNISTA.NET (76428 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: