Nota de prensa CCOO comarca Ferrolterra

Dende o sindicato CCOO, queremos amosar a nosa repulsa ante a política de peche das tendas do grupo INDITEX na comarca de Ferrolterra.

Xa levamos tempo loitando conta o declive económico, e nestes difíciles momentos para a nosa comarca, unha empresa galega con beneficios multimillonarios, insensible ante o drama humano que estamos a vivir, decide pechar as súas tendas, o que supón, o desprazamento a outras comarcas de 23 persoas, maioritariamente mulleres con necesidade de conciliar a vida laboral e familiar, e ás que se ofrecen condicións laborais e salariais que modifican ás súas vidas: desprazamentos, contratos fixo-descontinuos e  horarios que impiden a conciliación.

Cando a sociedade ferrolá está mobilizada na defensa dos postos de traballo, encabezada polos sindicatos, e representada polos concellos, asociacións empresariais,  e todo tipo de colectivos sociais; cando dende a Xunta de Galicia e a Delegación do Goberno se toma un posicionamento claro na defensa dos postos de traballo na Comarca; a multinacional pecha as poucas tendas que o grupo mantén en Ferrolterra. É esta a aportación de INDITEX á sociedade galega?

En todo caso, e de continuar con esta insensible decisión que adopta, esiximos que as 23 traballadoras e traballadores do grupo queden na comarca, nas empresas que o grupo empresarial ten no polígono industrial Río do Pozo: Pull and Bear e Indipunt, en condicións que permitan conciliar a súa vida familiar.

About ELCOMUNISTA.NET (76428 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: