Sobre o posible indulto do «proces» e o dereito de autodeterminación dos pobos

Din que no Estado español calquera pode defender as ideas que quixer, incluso ser independentista, pero só pódese ser independentista de pensamento, porque cando os independentistas intentan poñer na práctica o seu proxecto, tratan de materializar as súas ideas, nese momento son delincuentes, son terroristas. 

De André Abeledo Fernández*

Por eso atopamonos con presos políticos aos que o Goberno español chama políticos presos. Os teñen presos na cadea, tentando combatir as ideas coa forza e as protestas con represión. 

O tribunal supremo funciona como unha ferramenta política ao servizo da ultradereita, en vez de interpretar a lei e funcionar como pegamento para manter a coexistencia e a convivencia, funciona como un martelo disposto a romper pontes e a romper calquera posibilidade de concordia.

A renovación do poder xudicial, mellor dito a súa renovación por decisión política do PP é a demostración práctica de que o Supremo é un poder ao servizo do poder e declarado en rebeldía. 

Os conflictos sociais e políticos non se solucionan con cadea e represión, iso os enquista, os agrava e os leva a un camiño sen saída, que os convirte nunha olla a presión que tarde ou cedo acaba por reventar.

Os indultos en Cataluña non son a mellor solución, pero son polo menos un paso para solucionar unha inxustiza, porque por moito que se trate de prostituir a realidade, os presos do «proces», son presos políticos, nunca deberían ter entrado en prisión, porque existe un problema político e social ao que debe darse unha solución política e social.

Son os mesías anunciadores do fin dos tempos e do «se rompe España», os que cada vez que se fala de negociar e dialogar, actúan como piromanos con bidóns de gasolina no medio dun incendio. Parece que disfrutan destruíndo a convivencia entre as nacións e os pobos do Estado español.

As ameazas non son argumentos, nin solucionan problemas de convivencia, eso é algo que a dereita española non quere entender.

En democracia non se pode dar resposta as reivindicacións dun pobo con ameazas e represión. Esa é a linguaxe das dictaduras.

Defender o dereito de autodeterminación é lexítimo e ser independentista tamén, quen defende estas posturas non é un delincuente, nin un terrorista.

Negar o sentimento nacional dun pobo, negar que Galiza, Catalunya ou Euskadi son nacións, é un ataque a convivencia e a unidade.

A autodeterminación é un dereito fundamental, o dereito que deben ter os pobos a decidir o seu destino, o dereito a acertar ou errar. 

Autodeterminación e independencia non son sinónimos, como algúns queren facernos crer, o dereito a decidir non ten como efecto a independencia, podería ser que o pobo tomase esa decisión, ou non.

Comparemos o dereito a autodeterminación có dereito ao divorcio, e a parella, o núcleo familiar que convive na casa, cós pobos e nacións que conviven no Estado.

Imaxinemos unha parella felizmente casada, que vive nun país onde non existe o dereito ao divorcio, unha parella feliz, cuns fillos sans aos que queren, en definitiva unha familia ben levada, que ten unha vida cómoda e coas necesidades cubertas. Agora imaxinemos que ese país legaliza o divorcio, ¿a alguén podeselle pasar pola cabeza que esa parella feliz vai a divorciarse porque recoñezan o dereito a facelo?

Pois o mesmo pasa cós pobos, cando a convivencia é boa na casa de todos que debe ser o Estado, os pobos son moito máis conservadores e fiéis que unha parella, non corren o risco de namorarse doutro e si o Estado respeta o seu feito diferencial,  garantiza o seu dereito a decidir, cubre as súas necesidades básicas, e traballa pola boa convivencia dos pobos que forman este Estado plurinacional, ou unión de repúblicas, ou Estado federal, a fórmula ou sistema na que esos pobos teñan decidido organizarse, ningún pobo vaise divorciar, ningún entenderá a independencia como solución a problemas inexistentes.

O problema chega cando non hai respeto ao feito diferencial, cando as distintas nacionalidades non son recoñecidas, cando hai idiomas de primera e de segunda, cando o dereito a autodeterminación non está recoñecido e o Estado convértese nunha prisión de pobos, en vez de na casa de todos.

Pódese ser independentista e comunista, o que non se pode é ser comunista e estar contra o dereito de autodeterminación dos pobos. 

Outra cousa é antepoñer o feito nacional por encima da loita de clases, ou entender que a loita pola liberación nacional está ao marxen da loita de clases, neste caso existe unha contradicción. 

Pero o feito de sentirse parte dun pobo, dunha nación, e de defender o dereito a decidir non é incompatible coa militancia comunista consecuente. 

É verdade que existen contextos en que o feito nacional pode ser usado pola burguesía para dividir a clase obreira. Pero é un error plantexar a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Goberno da metrópoli é totalitario. 

Os comunistas somos internacionalistas, entre outras cousas, porque recoñecemos a existencia de nacións. 

Parece que non é sinxelo para unha parte da esquerda nacional, entender a realidade plurinacional do Estado español. Nesta incomprensión comeza un grave problema de convivencia dentro do Estado. 

O Estado español non é unha nación de nacións, nin é unha nación. O Estado español é en todo caso unha unión de nacións. 

Pero para que exista unidade e coexistencia, ten que existir respeto e comprensión. A unidade ten que ser entre iguais. Non poden existir nacións de primeira e de segunda categoría. 

Esta unidade ten que ser voluntaria, debe ser unha unión de nacións libres que deciden camiñar xuntas. 

De non ser así o Estado español será sempre máis unha prisión de pobos que a casa de todos, será un Estado fallido. 

Nestos momentos o discurso fascista de VOX trata de enfrentar aos pobos, non quere o diálogo traballa para poder impoñer o seu modelo de Estado, un tardofranquismo neoliberal enemigo da convivencia e tamén da clase traballadora. 

Pero de calquera xeito, ainda sabendo da dificultade de maniobrar cando o PP-VOX pretenden enfrontar e incendiar, é necesario abrir un debate sobre o modelo do Estado, República e monarquía, e do dereito de autodeterminación dos pobos dentro do Estado español. 

*

André Abeledo Fernández
About ELCOMUNISTA.NET (76275 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: