Na defensa do emprego, polo futuro das pontes

As Pontes, 8 de xuño.- Logo duns dous anos de mobilizacións, nas que conseguimos garantía de emprego até o 30 de xuño deste ano, vemos como o Ministerio e a Xunta, co beneplácito de Endesa, xogan co noso futuro, enfróntanse entre elas, buscando pasarse a responsabilidade dun a outro; falan moito pero nunca aportan solucións concretas, para estas Administracións o tempo é o de menos.

Endesa, coa desculpa da tramitación ordinaria do peche da Térmica, que alonga os prazos, tampouco concreta cal é o futuro que lles agarda aos traballadores e traballadoras da Central Térmica.

Así as cousas, a partires deste 30 de xuño, este pobo pode volver a perder nóminas, ou dito doutro xeito, ingresos económicos. Xa temos anunciado un Ere nunha compañía auxiliar e, no que afecta á principal, tamén se reactivan os traslados fóra de As Pontes.

É dicir, semella que o camiño que nos deixan é o paro ou a emigración; atrás quedan as consignas baleiras de “Transición Xusta” ou “non imos deixar ninguén atrás”, unha auténtica farsa.

Non queda outra que mobilizarnos, e para iso necesitamos o apoio de toda a cidadanía, da vila das Pontes e das nosas comarcas, temos como obxectivo a defensa do emprego e do futuro das Pontes.

Está en xogo que As Pontes non se empobreza aínda máis.

Os que anunciaron unha Transición Xusta que cumpran.

Participa na MANIFESTACIÓN

Xoves 10 19:30

Saída: Casa do Concello

cartas

About ELCOMUNISTA.NET (79226 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: